DÍA MUNDIAL DA RADIO

  • pt-pt
  • gl
  • es
  • en

Ponte…nas ondas! celebra o Día Mundial da Radio acolléndose á proposta da UNESCO, ratificada en xaneiro de 2013 pola Asemblea Xeral da ONU.

Ponte…nas ondas! promoveu no seu momento o Manifesto das Radios Escolares que se fixo público o 13 de febreiro de 2014 con motivo do Día Mundial da Radio. O manifesto, apoiado por radios escolares de España, Portugal, Colombia, Brasil e Chile, reivindicaba unha canle de emisión e un apoio para estas iniciativas de comunicación que fomentan a participación dos xoves.

En 2015, a UNESCO adicoulle a celebración deste Día Mundial da Radio á xuventude e á radio e promoveu unha serie de accións destinadas a darlle visibilidade á participación da xuventude na radio.

Ponte…nas ondas! vén promovendo o emprego da radio nas escolas como unha potente ferramenta pedagóxica para que o alumnado desenvolva a súa competencia oral e comunicativa.

Ponte…nas ondas! foi pioneira en demostrar as posiblidades comunicativas da Radio Escolar tanto no Ensino Primario coma no Secundario e Universitario, constituíndo un eixo transversal e vertebrador onde conflúen todas as áreas do ensino complementando e completando dun xeito eficaz o labor realizado dentro das aulas.

A radio é o medio da oralidade, o medio que máis contribúe a mellorar a competencia oral e comunicativa. É fundamental que a xuventude desenvolva estas capacidades na escola, nos medios de comunicación e nas redes sociais.

Para Ponte…nas ondas! a conmemoración do Día Mundial da Radio é unha unha boa oportunidade para convidar os centros educativos da Eurorrexión a participar nesta festa da comunicación radiofónica. Coincide ademais co ciclo do Entroido, unha das manifestacións máis representativas do patrimonio inmaterial galego-portugués, que ten sido traballado a través das ondas polas escolas da eurorrexión.

A directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, afirmou:

“A xuventude non está suficientemente representada nos medios de comunicación, e esta exclusión é con demasiada frecuencia un reflexo da súa exclusión social, económica ou democrática. Os xoves produtores ou difusores son aínda pouco numerosos. Escasean tamén os programas dedicados á xuventude e as emisións elaboradas por xoves. Este déficit explica os numerosos estereotipos sobre os xoves que circulan nos contidos editoriais e nas ondas.
A radio ofrece medios para o cambio.
É un vector de cohesión, de educación e de cultura.”

http://www.diamundialdelaradio.org

O “radiovisual” abre-se caminho: Uma nova Ponte… nas Ondas! para celebrar o Dia Mundial da Rádio

Entre as nove da manha e as duas da tarde o estudantado do Instituto de Ensino Secundário (IES) de Breamo de Pontedeume ( Galiza ) e o Agrupamento de Escolas Sidónio Pais de Caminha realizaram cinco horas de rádio ao vivo retransmitidas através do portal ESCOLAS NAS ONDAS.

Este 21 de febreiro temos xornada especial en directo!

Desde o IES de Breamo de Pontedeume e a Radio Afifense de Caminha.

Trabalho de equipa, ‘fair play’, igualdade no desporto: neste Dia Mundial da Rádio, mobilizemo-nos!

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Audrey Azoulay, por ocasión do Día Mundial da Radio no 13 de febreiro de 2018

Ponte… nas Ondas! convida todas as escolas a participar na celebração do Dia Mundial da Rádio

Participa connosco! PONTE...NAS ONDAS! Convida todas as escolas a participar na celebração do DIA MUNDIAL DA...

A radio es ti! Participa con nós no Día Mundial da Radio!

O vindeiro 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e Ponte...nas Ondas! estrea o seu portal Escolas nas Ondas, o primeiro espazo para difundir e espallar os podcasts e os programas das escolas galegas e portuguesas e de todo o ámbito da lusofonía.

Programación especial do Día Mundial da Radio 2016

Visite nosso site especial Día Mundial da Rádio 2016

Convocatória – Día Mundial da Rádio

A Associação Cultural e Pedagógica Ponte…nas ondas! convoca os estabelecimentos de ensino galegos e portugueses...

Convocatoria – Día Mundial da Radio

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca aos centros educativos galegos e portugueses de calquera outra procedencia, a participar no Día Mundial da Radio o vindeiro 13 de febreiro de 2016.