Ponte... nas Ondas!

500 xoves brincaron en Melgaço no V encontro dos xogos tradicionais

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! co apoio da Câmara Municipal de Melgaço, a colaboración da Axencia Europea de Cooperación Transfronteiriza e a Fundación Deporte Galego, realizou este 24 de maio o 5º Encontro Escolar de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses.

Máis de 500 alumnos e 60 profesores de 12 escolas e institutos gozaron dunha intensa xornada de xogos tradicionais no estadio do Centro de Estágios de Melgaço.

O xornada de xogos tradicionais permite que alumnado de centros educativos galegos e portugueses convivan nun tempo de lecer e de xogo que permite recrear situacións e vivencias nas que eles mesmos son os protagonistas. Os mesmo xogos son interpretados e explicados coa terminoloxía galega e portuguesa, común na maior parte dos casos e diversa en función das diferentes variedades xeográficas.

Nesta V edición o espazo elixido foi o Centro de Estágios de Melgaço, un entorno natural que está centrado na práctica deportiva e que nesta ocasión abriuse á realización de xogos e deportes tradicionais.

Proseguindo na dinámica de dar a coñecer o patrimonio cultural común a galegos e portugueses e de realizar a necesaria transmisión ao alumnado no ámbito escolar, Ponte…nas ondas! vén organizando estas xornadas lúdicas que neste edición coinciden na temática coa XIX edición da xornada multimedia de comunicación interescolar Ponte…nas ondas! co lema PONTE…A BRINCAR.

Para a xornada do día 24 de maio convocáronse aos centros educativos próximos á fronteira. Durante a mañá compartiron xogos e vivencias comúns para coñecer os brinquedos e os xogos dos seus familiares.

Moitos destes xogos están a caer en desuso e é necesario relembrar e transmitir ás novas xeracións a forma como denantes se xogaba, así como todo o saber que está asociado a esta actividade.
Estes xogos e brinquedos, polas circunstancias da vida actual están a ser esquecidos. Así, houbo xogos de bilros, de chave, a ra, o truco, a billarda, os aros, as andas, as chapas, etc.
A xornada completouse cunha carreira de sacos e un tiro de corda. Algunhas escolas realizaron unha visita ás instalacións da área deportiva e aos museos da vila de Melgaço

Autocolantes

Camiseta

Cartaz

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas