Celebra o DÍA ESCOLAR POLA PAZ ( 30 de xaneiro ) con actividades para o DÍA MUNDIAL DA RADIO ( 13 de febreiro ) unha vez que a UNESCO estableceu como tema para esta conmemoración “ O diálogo, a tolerancia e a paz “.
★ Promove debates sobre a paz e a tolerancia entre o alumnado.
★ Debates sobre os Dereitos Humanos ( 70 aniversario da sua declaración ).
★ Rexistra as actividades do 30 de xaneiro no centro.
★ Grava e envía en calquera formato ( vídeo, audio, podcast ) ao portal “Escolas nas ondas!
PARTICIPA CO ALUMNADO NA XORNADA DO 13 DE FEBREIRO
Podedes enviar traballos do alumnado sobre a radio e a paz, o diálogo e a tolerancia
REALIZA UNHA EMISIÓN EN DIRECTO DESDE O CENTRO
Enviade un correo e contaremos co voso centro para a xornada do 13 de febreiro
REALIZA UN PROGRAMA DESDE UN ESTUDIO DE RADIO CO ALUMNADO
Para o 13 de febreiro ofrecemos a posiblidade de asistir con alumnado a un estudio de radio para realizar un programa radiofónico