Ponte en contacto coa asociación no enderezo: ondas@pontenasondas.org
Como son os obradoiros?
A través dunha sesión que se desenvolverá de xeito presencial ou por videoconferencia para aquelas escolas que, por mor da pandemia na que estamos inmersos, elixan esta modalidade. Usando a plataforma Webex, que permite a docencia remota ao tempo que posibilita a interacción práctica co alumnado, propomos a realización dun obradoiro dinámico, entretido e didacticamente útil.
Tanto no obradoiro presencial como no realizado en liña, traballamos os tres temas básicos que conforman a realidade do medio radio na actualidade:
Oralidade: dicción e proxección da voz, a locución e interpretación coa voz.
Edición de son: utilizando o programa de distribución libre Audacity ensinarase a gravación e edición do son, e a preparación e creación de podcasts, e o aloxamento en plataformas dixitais.
Radio en directo: Montaxe dunha emisora, estrutura dunha emisión: sintonías, cortes de voz, cortes de música, diferenza entre locución e control técnico, elaboración dun programa, deseño e tipoloxía de programas, como elaborar un guión e unha escaleta, temas a tratar, música para incluír nos programas.
Ponte en contacto coa asociación no enderezo: ondas@pontenasondas.org