Ponte…nas ondas! presenta a convocatoria do V CERTAME DE RECOLLA DO PATRIMONIO ORAL
Lema:»As bibliotecas vivas:historias de vida»
Seguindo coas características fundamentais que o certame vén mantendo dende os seus comezos, queremos propor aos centros escolares galegos e portugueses seguir afondando no descubrimento e divulgación dos feitos máis importantes do noso patrimonio a través dos seus portadores, verdadeiros Tesouros Vivos, e converter en Bibliotecas Vivas as súas historias de vida e de coñecemento do noso patrimonio.
Dentro do ámbito escolar, utilizando a metodoloxía da etnografía, pretendemos que acheguedes a análise das historias de vida dos nosos portadores en distintos contextos sociais e históricos, reflexionando na relación existente entre a memoria individual e a colectiva, estratexias a seguir nunha investigación de equipo e os diferentes modos de acceso á memoria así como da influencia dos modelos culturais nese «contar a vida».
Proximamente remitirémosvos as bases completas deste certame aínda que xa podemos adiantarvos que haberá importantes premios para os gañadores de cada categoría (primaria,secundaria,bacharelato, profesional e universitario).
Convidamos a todos os centros a que participedes nas dúas convocatorias xa que son perfectamente complementarias, e pódese aproveitar o mesmo material adaptándoo aos requerimentos de cada unha delas.
O calendario para participar será o seguinte:
Inscrición: O prazo para inscribirse nunha ou nas dúas convocatorias rematará o día 29 de xaneiro de 2011. Para efectualo haberá que enviar debidamente cumprimentada a ficha correspondente á actividade na que se quere participar ou as dúas no caso de querer participar en ambas. As fichas deberán remitirse debidamente cumprimentadas ao seguinte enderezo: ondas@pontenasondas.org
Ficha inscrición XVII_xornada_multimedia (PDF)
Ficha inscriciónV_Certame_recolla_ficha
V Certame de Recolla do Patrimonio o prazo de recepción dos traballos rematará o día 27 de maio de 2011. O resultado do V Certame darase a coñecer en setembro de 2011.
+ info: informacion@pontenasondas.org