Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas Ondas! centra en Lugo as actividades do Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)

• Exposición fotográfica sobre os bens de PCI inscritos na UNESCO de España na biblioteca intercentros do campus de Lugo da Universidade de Santiago
• Obradoiros sobre os saberes tradicionais para os centros educativos no CENTRAD
• Acto central no Museo Provincial de Lugo o 17 de outubro, Día internacional do PCI

PNO! convida aos centros educativos de Galicia e Portugal a celebrar o Día internacional do PCI cunha serie de propostas didácticas e un cartel que poden descargar desde a web www.pontenasondas.org

A UNESCO proclamou o ano pasado o día 17 de outubro como o Dia Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), xuntando así unha nova data á do 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio.

A Asociación Cultural e Pedaxógica Ponte…nas ondas! (a única entidade en Galicia acreditada pola UNESCO para o PCI) propón nesta segunda conmemoración un programa para todos os centros educativos para que integren e celebren nas aulas o PCI. Ao mesmo tempo, súmase ás accións que en todo o mundo se desenvolven arredor deste patrimonio vivo, o das persoas e das comunidades portadoras. Nese sentido, Galicia é pioneira na creación dunha rede de centros “modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial” que están a integrar o PCI nos seus plans xerais de centro e que conta co apoio da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Ponte…nas ondas!, que foi considerada un “modelo de boas prácticas” co PCI pola UNESCO, a proposta de Portugal e España, anima á sociedade a acoller esta celebración e a tomar conciencia das expresións e manifestacións do noso patrimonio inmaterial. Apela ás escolas para que transmitan o valor da cultura inmaterial ao alumnado.

ACTOS EN LUGO

Ponte…nas ondas! en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, o Museo Provincial de Lugo, o Concello de Lugo, o CENTRAD da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, programou diversos actos para conmemorar o Día Internacional do PCI.

EXPOSICIÓN “O PATRIMONIO VIVO”

No edificio da biblioteca intercentros do Campus de Lugo, do 16 de outubro ao 2 de novembro poderá visitarse a exposición fotográfica sobre os bens de PCI de España que están inscritos na UNESCO, entre os que se encontra o “modelo PNO!” inscrito no Rexistro das boas prácticas co PCI. A exposción poderá ser visitada todos os días (incluídos sábados e domingos) e tamén está aberta ás visitas escolares para as que se deseñou unha ficha didáctica para o alumnado.

OBRADOIROS NO CENTRAD

Durante as datas da permanencia da exposición na biblioteca intercentros, os centros educativos tamén poden solicitar visitas ao Centrad (Centro de Artesanía e deseño) da Deputación de Lugo para realizar obradoiros sobre os saberes tradicionais e tamén visitar a colección de instrum,entos musicais. Débense concertar en: info.centrad@deputacionlugo.org – tf: 982210066.

ENFIANDO O INMATERIAL

Este será o acto central do Día internacional do PCI e terá lugar na Sala dos Mosaicos do Museo Provincial de Lugo ás 19.00 h. É un coloquio aberto á participación do público onde terán cabida diferentes expresións do PCI: a música, a narración oral, a memoria, os saberes. Tamén se proxectará a curtametraxe de Xabier Mailán “Corcosendo:as mans de quen nos vestiu” contando coa intervención do director.

No coloquio tomará a palabra Lois Pérez, profesor, poeta, narrador oral e dinamizador cultural quen enfiará as intervencións de Xermán Díaz, Antía Montes e de Chus Álvarez de Ponte…nas ondas!

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui


Baner Modelo PNO!
PNO! 9º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas