Acta do xurado e galería de imaxes galardoadas.
(Premendo aquí podedes ver tamén ao completo a galería de imaxes recibidas)
FALLO DO XURADO
Reunidos Cristina Sánchez-Carretero, investigadora e antropóloga, Verena Sevá Nogueira antropóloga, Cristina Rocha Novoa fotógrafa e Fran Valcárcel, membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!, actuando como secretario con voz e sen voto, constitúense como Xurado do 8º Certame de fotografía “As imaxes do patrimonio” e
ACORDAN
1º.- Agradecer aos centros de ensino, profesorado e alumnado a súa participación neste 8º Certame de fotografía “As imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! que ten como ún dos seus obxectivos, transmitir ás novas xeracións os diferentes ámbitos do Patrimonio Inmaterial galaico portugués, a través das fotografías en branco e negro dos albumes familiares. As fotografías debían ir acompañadas dun texto explicativo ou un podcast.
2º.- O Xurado valorou a gran calidade da maioría dos traballos presentados a concurso e o esforzo mostrado na elaboración do texto ou podcast que acompaña a cada unha das imaxes, polo que, propón a Ponte nas…Ondas! que xestione o deseño de actividades que permitan mostrar e difundir as fotografías presentadas para a súa divulgación e para que sirvan como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.
3º.- Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame,
Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
1º Premio: Daniel Filipe Alvelos Magalhães
Agrupamento de Escolas Vale do Tamel de Barcelos.
Título: “A ARTE DO SAPATEIRO”
Texto:
Esta foto é de 1965 e apresenta o património artístico da época, a arte e ofício do meu bisavô materno.
Exercia a profissão de sapateiro, fazia sapatos por medida, a partir de moldes de madeira, como estão representados na foto e pendurados na parede.
O meu bisavô, já falecido há muitos anos, era natural da freguesia de Alvarães (concelho de Viana do Castelo) e veio morar para a freguesia de Aborim (concelho de Barcelos).
Com a arte de fazer sapatos, tornou-se na época um artesão muito conhecido na região do alto minho.
2º Premio: Vera Rivadulla Ocampo
CEIP Plurilingüe da Ramallosa. Teo.
Título: “CANDO O TRABALLO ERA FESTA”
Texto:
Esta foto gústame moito. Aquí está a miña bisavoa e tamén a miña tataravoa, traballando xuntas, alá polos anos 50. Estaban lavando a tripa para facer os chourizos, que era unha parte moi importante da matanza. Sempre me contaron que era unha festa grande, non só un traballo. Xuntábanse a familia enteira e tamén os veciños. Rían, cantaban, e aínda que había moito que facer, pasábano ben.
A miña avoa sempre dicía que daquela todo se compartía: a carne, o traballo e a alegría. A matanza era un momento para estar xuntos, para comer, cantar e agradecer o que se tiña. Aínda que non vivín aquela época, gústame pensar que a forza e o agarimo que había neses días aínda vive na miña familia hoxe.
3º Premio: Julián Albores Fernández
CEP Carlos Casares – Alxén, Salvaterra de Miño
Título: “A ESFOLLADA”
Texto:
Nesta foto aparecen a miña bisavoa Rafaela, a segunda comezando pola esquerda acompañada de varias veciñas esfollando millo no seu alpendre de Porto (Salvaterra de Miño) Polo que puiden saber foi sacada a finais dos anos sesenta Naquela época, nas tardes do outono, aproveitábase para facer este tipo de traballos, nos que era común axudarse uns veciños a outros. Non faltaban, nestas xuntanzas, algún “contiño” e algunha cantiga que as facía máis entretidas. En ocasións se a tarde estaba animada podía alongarse ata ben entrada a noite. Co follato facíanse os xergóns, que eran os colchóns que tiñan.
Accésit: DIEGO MINGOTES LÓPEZ
CEIP Plurilingüe Seis do Nadal, Vigo.
Título: “DÍA DA LABRANZA, 1967”
Texto:
Veciños de Lordelo, aldea do Concello de Mondariz, xúntanse no mes de maio de 1967 para labrar o eido da Cabadiña. Esta foto foi feita pola mestra Dona Lola que nese momento ensinaba aos nenos da zona.
Os veciños axudábanse uns aos outros a labrar os seus eidos. Pódese ver que os únicos aparellos que usaban eran os sachos e os arados tirados por vacas.
Remataban a tarefa cunha merenda que xeralmente degustaban no sitio da labranza debaixo dunha boa sombra.
Accésit: Eva Vilas Comesaña
CEIP Atín Cela, Mos.
Título: “CAFÉ NAS ROMERIAS”
Texto:
A foto tomouse a mediados dos anos 50 nunha romería ós arredores de Vigo.
Eulogio e a súa dona completaban os ingresos familiares acudindo ás festas da contorna coa súa máquina de café portátil. Nesta ocasión aparece pousada nun hórreo.
Accésit: Débora Vilas Boas
Agrupamento de Escolas Vale do Tamel, Barcelos.
Título: “A DESPEDIDA”
Texto:
Nesta foto, do ano de 1961, estão vários tropas portugueses, e, entre estes companheiros de luta está o meu avô, do lado direito do barco. Estes tropas estiveram numa missão em Timor-Leste e este foi o barco que os transportou até terra, depois de os ter ido buscar a alto mar, uma vez que o outro barco que os levou até lá não conseguiu atracar, porque era de dimensões muito maiores.
Recorda o meu avô que o barco que saiu de Portugal demorou cerca de um mês até chegar a Timor e na viagem tiveram alguns sustos, apanharam mau tempo, ondas gigantes e muito vento. Felizmente tudo correu muito bem e a família ficou muito feliz com o seu regresso. Tempos impensáveis nos dias de hoje…
Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario
1º Premio: Xiana Liñares Gontán
IES Xulián Magariños, Negreira.
Título: “UNHA VIAXE INESQUECIBLE”
Texto:
Nesta fotografía en branco e negro, feita arredor do ano 1956, vese unha escena moi especial para a miña familia. O home que conduce a motocicleta é o meu bisavó Ismael, e a señora que vai no sidecar é a miña tataravoa Manuela. Esta imaxe representa un día único para ela, porque levaba moito tempo soñando con ir a A Coruña, pero naquela época non era fácil chegar ata alí se non tiñas vehículo, así que o seu fillo, o meu bisavó, decidiu cumprir o seu desexo e alugou unha moto para levala con el.
A foto foi sacada nunha rúa con árbores altas que crean sombras no chan. Ao fondo vense bancos de madeira e coches dos anos 50 aparcados ao carón da estrada. O lugar transmite tranquilidade, e parece un espazo agradable para pasear xa que ten moita natureza.
O meu bisavó Ismael aparece sorrinte, con unha expresión de orgullo e felicidade xa que está cumprindo co soño de miña tataravoa. Viste un traxe escuro e camisa branca, moi ben arranxado para a ocasión. Sempre me falaron del como unha persoa amable e xenerosa, e aínda que morreu cando eu tiña só tres anos, lembro que o quería moito.
A miña tataravoa Manuela vai no sidecar, vestida de negro, cun pano na cabeza e as mans pousadas sobre o colo. Ten un xesto tranquilo, como se estivese disfrutando da viaxe. Para ela, este momento foi moi especial, porque ao fin estaba a vivir o seu soño grazas ao seu fillo.
Esta fotografía significa moito para min porque non só mostra un recordo bonito, senón que tamén representa o amor entre unha nai e un fillo. O meu bisavó fixo todo o posible para que a súa nai fose feliz, e iso paréceme demasiado fermoso . Ademais, gústame imaxinar como sería aquela viaxe a A Coruña, coa emoción da miña tataravoa ao ver a cidade por primeira vez.
2º Premio: Hugo Medela Rial
IES Carlos Casares, Vigo.
Título: RECOLLIDA DE ALGAS
Texto:
Esta fotografía foi tomada nos anos 50 na praia de Panxón (Nigrán).
Trátase da recollida de algas mariñas en praia América empregando un carro tirado por bois para utilizalas como abono agrícola.
Era habitual estendelas na praia, fóra do alcance do mar durante uns días para que se deshidratasen, e así ser máis manexables e moitísimo menos pesadas para o seu transporte cara ás fincas de destino.
Habitualmente isto adoitaba levarse a cabo na época de outono, que é cando o mar de fondo arrinca as algas do fondo marino e as leva ata as praias.
3ºPremio: Hugo Lago Noceda
IES Antonio Fraguas, Santiago de Compostela.
Título: “BOA CALDEIRADA”
Texto:
Na fotografía de 1950, podemos ver a “Papá Ramón”, ou Ramón Noceda, o meu tataravó, coñecido como “O Chevito”. A imaxe foi tomada en Lariño, Carnota, por un veciño que regresaba das Américas cunha nova cámara. “Papá Ramón” volve a casa despois de traballar, cargado de polbos, que auguraban unha “boa caldeirada”. Era pescador e saía a pescar cunha pequena embarcación a remo, xunto cos seus fillos. O que realmente lle gustaba era pescar polbos. Na fotografía, está posando cun croque que usaban para transportar as capturas, un pau cun gancho que requería habilidade para usar. Os polbos, antes de ser comidos, tiñan que ser mazados contra as rochas e despois secalos para conservarse ao longo do ano, pois non había conxeladores. A vestimenta típica incluía pantalóns arrufados e alpargatas de esparto, cunha boina para protexerse do sol. Destaca a cantidade de polbos que leva, algo impensable hoxe debido ás limitacións e as épocas de veda. A pesca era vital para a subsistencia, e as capturas do mar facilitaban a alimentación en tempos difíciles. A foto reflicte un modo de vida e a relación cos recursos naturales na época.
Accésit: Joana Vilar Conçalves Fernandes
Agrupamento de Escolas de Monção
Título: “O CASAMENTO DO MEU TIO-AVO CARLOS”
Texto:
Nesta foto, está representado um momento marcante da história da minha família paterna: o casamento do meu tio-avô Carlos e a minha tia-avó Maria. Ao lado da noiva, está o meu bisavô Abel e ao lado dele, o meu tio-avô Avelino. À direita do noivo, está a minha bisavó Maria e ao lado dela, a minha tia-avó Alice.
O casamento foi na Igreja Paroquial de Gondomil, em Valença, no dia 28 de janeiro de 1969.
A foto está a preto e branco, por isso não conseguimos observar bem as roupas deles, mas podemos reparar que usam trajes muito simples. De acordo com os costumes da época, os homens estão de fato e as mulheres de vestido pelo joelho, exceto a noiva, que estava com um vestido longo com gola alta e um buquê simples.
Esta fotografia é mais do que uma lembrança familiar — é um fragmento do património imaterial que faz parte da identidade coletiva. Mostra-nos como os costumes evoluem, mas também como é importante preservar e valorizar as memórias que nos ligam ao passado.
CERTAME DE PODCAST
Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
Premio: Elsa Sanjorge Pesqueira
CEIP Sequelo de Marín
Título: “ULTRAMARINOS DOS GARRIDO NOS 50”
Podcast: go.ivoox.com/rf/151366647
Texto:
A fotografía dos anos 50 capta o Ultramarinos de Benito Garrido e Dolores Dios. Situado primeiro na praza do Regueiro, barrio que tivo moita vida grazas á Lonxa. Máis tarde estaría situado na céntrica rúa do Sol de Marín.
Os ultramarinos non só eran os supermercados da época, onde se podía atopar aceite, viño, latas de conservas ou verduras; tamén eran lugares de encontro e de conversa, onde todos se coñecían polo nome ou polo alcume.
Fiábase apuntando a conta nunha libreta. Non había bolsas de plástico, se non paquetiños de papel de estraza e envases reutilizables para líquidos.
Estes negocios entraron en decadencia coa aparición das grandes cadeas de supermercados.
Accésit: Xabier Taberna Calvo
CEIP do Foxo, A Estrada.
Título: “VAI DE VODA”
Podcast: www.ivoox.com/vai-voda-audios-mp3_rf_151082666_1.html
Na web de Foxo nas Ondas: foxonasondas.blogspot.com/2025/06/vai-de-voda.html
Texto:
O día 30 de xuño de 1967 casaban Olimpio e Lola. Casaron na parroquia de Arcos de Furcos, en Cuntis. A imaxe é a entrada á igrexa do padriño Xosé e da noiva. Detrás están todos os convidados á cerimonia.
Camiñan elegantes e contentos para o evento. Xosé, emigrara ao País Vasco e naqueles días achegárase a Galicia para o casamento.. El vai vestido con traxe de chaqueta e ela vai vestida cun traxe curto e negro, na cabeza leva un tocado e un velo branco.
Entre as convidadas estaba a avoa Corina que conta que o baquete foi celebrado na casa da noiva, no que cociñaron as súas irmás. Non se puido celebrar o baile, porque a familia estaba de loito, pola morte da nai da noiva.
A foto, garda o eco dunha voda doutra época, cando a vida se expresaba en coplas cantadas a viva voz.
Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario
Premio: Jacobo Barreira Diz – CS Dual de Mecatrónica Industrial
CIFP Universidade Laboral de Culleredo.
Título: “A AVOA TORNEIRA”
Podcast: www.ivoox.com/a-avoa-torneira-audios-mp3_rf_146357702_1.html
Texto:
A imaxe mostra a experiencia da miña avoa como emigrante en Alemaña na década de 1960. Como se explica no podcast, ela buscou irse ao estranxeiro en canto cumpriu os 18 anos, en prol de axudar economicamente a súa familia. Na foto pódese ver a ela traballando no torno nas instalación de Siemens en Colonia. A foto foi sacada por un compañeiro de traballo durante o turno. Destaca as diferenzas culturais e de idioma, pero tamén a amabilidade dos alemáns e a boa relación cos seus compañeiros de traballo. Relata a súa experiencia nun posto de torneira, tradicionalmente ocupado por homes, onde se sentía valorada e respectada.
Accésit: Enma Dosil Caamaño
IES Virxe do Mar. Noia.
Título: “VALORES”
Podcast: https://soundcloud.com/conta-edixgal/valores?si=44ae38ab71ef44de92789dc078012117
Premio Especial do Xurado
O xurado acorda por unanimidade e fóra de todas as categorías conceder tres mencións especiais a tres escolas polo seu traballo xeral do que forman parte as fotografías enviadas.
• Escola Secundária Rodrigues de Freitas, Porto.
O traballo “99 anos.99 fotos”.
Este pequeno documentario resúmese nun fragmento adaptado dun traballo de proxecto máis amplo, realizado no presente curso polas turmas de 9º de escolaridade da Escola Secundaria Rodrigues de Freitas (Porto) para conmemorar os 99 anos da profesora Raquel Soeiro de Brito e que aborda imaxes do patrimonio de todo o espazo lusófono. Pode verse íntegro neste enderezo:
www.youtube.com/watch?v=syZYZTKQD20
António Alexandre Correia Cardoso, profesor de Xeografía do Agrupamento de Escolas Rodrigues de Freitas (Porto), é o docente responsable deste proxecto incluído nas actividades da Mapoteca Rodrigues de Freitas.
site.aerfreitas.pt/mapoteca/
• IES Valadares, Vigo.
A través de Onda Valadares, promoveu un proxecto coordinado polas profesoras Andrea de la Torre (Historia, 4º ESO) e María Luz Campos (Portugués/Galego, 3º ESO). Como parte deste traballo creouse un programa de radio en iVoox, “Un retrato da familia”, e un espazo web especial onde se recolle todo o traballo.
Participou todo o alumnado de 4º ESO e o de Portugués de 3º ESO.
Máis información na web do centro:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvaladares/
• IES Alexandre Bóveda, Vigo.
“Ao carón da Noca”
É o proxecto escolar do IES Alexandre Bóveda-Vigo, co profesor Kike Estévez á fronte. A web central da iniciativa incrementou este ano o material recollido polo alumnado, peneirando diversas tradicións orais á beira de imaxes anteriores ao ano 1970 cos seus textos e audios explicativos. Ademais, ao abeiro do programa, desenvolveron moitas outras actividades, como a participación no Certame Provincial de Regueifas (2º Clasificado), a creación do Club de Regueifa do IES Alexandre Bóveda, a elaboración dun podcast para conmemorar o Día Internacional do Patrimonio entre outros.
Todo este traballo está recollido na web que os representa:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesalexandreboveda/
Santiago de Compostela a 1 de setembro de 2025