Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! convídavos a que vos sumedes á celebración do Día Mundial da Radio

Participa con nós !

PONTE…NAS ONDAS! convídavos a que vos sumedes á celebración do DÍA MUNDIAL DA RADIO que se vai celebrar o 13 de febreiro. O portal “ESCOLAS NAS ONDAS!” , o primeiro espazo para difundir e espallar os podcasts e os programas das escolas galegas e portuguesas e de todo o ámbito da lusofonía acollerá as producións que se envíen.

PARTICIPACIÓN
Enviando os programas ou podcasts que desexen ao enderezo web@escolasnasondas.com. Se os tedes en calquera plataforma (Ivoox, Soundcloud, etc.) podedes mandarnos o enlace para que nós os incorporemos.

Se queredes empregar tamén a imaxe, subide o vídeo e mandádenos o enlace do lugar onde estea aloxado. Hai unha canle de vídeo para os traballos das escolas.
Tamén podes mandar unha mensaxe de audio a través de Whats App relacionada coa radio e o deporte. Mensaxes ao número: 603 896 495

XORNADA ESCOLAR EN DIRECTO – 21 febreiro

Escolas galegas e portuguesas realizaremos programas en directo o día 21 de febreiro debido a que o día 13 estaremos celebrando o entroido.
Se queres participar comunícanos cal vai ser a intervención do voso centro.

Máis info.: ondas@pontenasondas.org

Algunhas propostas para facer co alumnado para o DÍA MUNDIAL DA RADIO

A RADIO E O DEPORTE

  • Reportaxe sobre os deportes que se practican no teu centro.
  • Entrevistas ou reportaxes de deportistas do teu centro.
  • Xogos tradicionais ( no centro, no concello, na comarca ). Entrevistas, reportaxes, normas de xogo, etc. )
  • Recolle opinións de deportistas sobre a súa experiencia coa radio. Dille que é para o Día Mundial da Radio.
  • Recolle colaboracións de xornalistas deportivos.
  • Fai a túa retransmisión deportiva. Convértete no mellor reporteiro/a.
  • Cal foi a noticia deportiva máis importante que escoitaches pola radio ? Cóntao !
  • Cal sería a noticia deportiva que che gustaría retransmitir pola radio ? Faino ! Podes facer vários personaxes coa túa voz !
  • Es capaz de imitar a un deportista coñecido ? Faino !
  • Todo o que queiras contar co binomio RADIO + DEPORTE

 



LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas