O venres 13 de abril dous membros da A.C.P. Ponte…nas ondas! acudiron ao Palacio de Congresos de Santiago de Compostela para realizar un Obradoiro de Radio Escolar para 30 dos profesores e profesoras asistentes ao congreso de responsables das Bibliotecas Escolares en cada un dos centros educativos de Galicia.
Ao longo de dúas horas e media presentáronselles aos asistentes as actividades que se realizan nos obradoiros de radio nas escolas ,mostrouselles o funcionamento dunha estación de radio así como os aparellos precisos para pola en marcha.
Dividido en tres partes: técnicas de locución, edición de son e deseño do guión coa posterior realización do programa cos aparatos que a Asociación monta na aula, o éxito da presentación foi grande e as impresións do profesorado moi positivas de cara a empezar a dar os primeiros pasos con esta técnica nos seus centros de traballo.