O concurso rematou. Realizado o sorteo, as persoas gañadoras son:
Fátima Torre
e
Julia Chivite Mosquera
Parabéns!
Vai case medio século desde que o 16 de novembro de 1972 se asinou en París a Convención sobre Patrimonio Cultural e Natural. A Unesco puxo daquela as bases para a protección de lugares, monumentos e sitios considerados excepcionais, universais e únicos. Ademais, creou tamén a declaración de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade para estender a protección a festas, artes, prácticas e tradicións de pobos de todo o planeta. En recordo, cada 16 de novembro celebramos o Día Internacional do Patrimonio Mundial.
Remexemos un chisco no patrimonio? Aproveitando a efeméride traémosche un pequeno desafío en forma de trivial. Vexamos canto sabes!
Entre todos os participantes imos sortear dous premios. Cada premio consta dunha noite para ata catro persoas nunha casa rural certificada por Galicia Calidade. Os premios son cortesía de Galicia Calidade. *As gañadoras/es fanse públicos o 22 de decembro
Brinca por riba das afirmacións máis mentireiras e preme en cada caso a opción correcta. Non esquezas deixar abaixo o teu correo para participar no sorteo!
[h5p id=”123″]
[huge_it_forms id=”8″]