Ponte... nas Ondas!

Actividades 2017-2018 de Ponte… nas Ondas!

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! vén de recibir un novo premio concedido pola Fundación Peña Novo polo labor desenvolvido co Patrimonio Inmaterial.

Por outro lado a, Unión Europea declarou o 2018 como ANO EUROPEO DO PATRIMONIO CULTURAL.

Continuando coa súa liña de traballo, Ponte…nas ondas! adianta as actividades que se van desenvolver neste curso escolar para que poidan ser incluídas no Plan Xeral Anual.

  • Unidades didácticas sobre o Patrimonio Inmaterial. Ofertaranse, a partir de xaneiro, ferramentas didácticas para aquelas escolas de primaria e secundaria que queiran transmitir o patrimonio inmaterial.
  • Certame de Recolla de Fotografías “As imaxes do patrimonio”, no que os centros educativos poderán achegar para imaxes que teñan relación co patrimonio inmaterial.
  • Dia Mundial da Radio: seguindo a convocatoria da UNESCO, proponse ás escolas, a realización de programas radiofónicos de calquera temática, relacionada preferentemente co Patrimonio Cultural, para publicalos o 13 de febreiro de 2018, Día Mundial da Radio.
  • www.escolasnasondas.com: un portal Web onde mostrar os traballos audiovisuais das escolas e así poñelos a disposición de toda a comunidade educativa para poderen seren utilizados como ferramenta didáctica noutros centros.
  • Xornada de Xogos Tradicionais en Melgaço.
  • Radio escolar: ofrecemos asesoramento para a implantación da radio como elemento dinamizador da vida das escolas e institutos. Estamos a disposición para asesorar no caso de que desexen implantar esta actividade nos seus centros.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas