Esta sexta feira, 27 de marzo, ás 16h “Ponte… nas ondas!” rememorará aquela data fundacional e celebrará vinte anos dunha historia da que queda pegada en moreas de propostas e proxectos e tamén na memoria dos milleiros de persoas que participaron da iniciativa en todos estes anos. A Casa da Cultura de Salvaterra do Miño, o mesmo escenario daquel primeiro encontro, acollerá unha xornada especial na que se descubrirá unha placa conmemorativa e se desenvolverá un programa de radio especial con participantes e persoas colaboradoras da experiencia en todos estes anos de historia.