31
Alumno: Julio Fernández Gallega – 6º de Primaria
Escola: CPR Plurilingüe Luis Vives Ourense
Texto:
Esta foto foi tomada ao redor de 1931. O meu bisavó Julio Janeiro Guntiñas, máis coñecido por “O Xaneiro”, atopábase traballando xunto aos seus compañeiros en Talleres Melo, no Barco de Valdeorras. Talleres Melo dedicábase á fabricación de material agrícola, tan necesario para aquela época para mellorar o traballo no campo. Nesta foto, “O Xaneiro” está sacando unha pa labrega do forno de fundición cunhas tenazas.
39
Foto e podcast de Mihret Salgado García de 6º B.
Liñase. Esta fotografía pertence á familia de Mirhet e que ela mesma nos explica con gran agarimo quen son e que relación teñen con ela mesma. Trátase de mulleres fortes, mulleres doutra época que coa súa vitalidade e saber facer deron a súa descendencia carácter e sabiduría para a vida.
Podcast: www.ivoox.com/podcast-as-imaxes-do-patrimonio_sq_f1192604…
40
CEIP Plurilingue O Ruxidoiro (Barbadás)
Foto e podcast de Verónica Mota Paz de 6º B.
Cerimonia.- A foto que nos achega Verónica é unha imaxe dunha celebración familiar, unha festa de casamento, na que a súa familia disfruta dunha xuntanza e posan coas súas mellores vestimentas e cunha sorrinte faciana e que amosa claramente a forma propia de vestir de cerimonia naquelas épocas . Escoitamos o que nos di Verónica.
41
CEIP Plurilingue O Ruxidoiro (Barbadás)
Foto e podcast de Sara Vázquez de 6º B.
A Emigración.- Foto que nos achega Sara e que nos amosa unha historia da emigración da súa familia, na que recordamos como moitos de nosos paisanos tiveron que emigrar en busca dunha vida mellor. Escoitamos a Sara como nos conta a historia da imaxe.
42
CEIP Plurilingue O Ruxidoiro (Barbadás)
Foto e podcast de Daniela Feijoo de 6º B.
A Emigración.- A foto que nos amosa Daniela é unha historia da emigración galega, e que está baseada nas vivenzas da súa propia familia. Daniela fálanos da emigración a Alemaña dos seus avós paternos. Escoitámola.
43
Alumna: Violeta Brizuela Martínez
Escola: CRA Mestra Clara Torres (Tui)
Fotos da alfombra do escudo de Tui do ano 1969.
A primeira da esquerda é Concha Martínez Tato, tía avoa de Violeta (irmán do avó Manolo) que está coas súas compañeiras nun curso de alfombras en Tui. Segundo a tía esta alfombra está no Concello de Tui e póñena nalgunha celebración.
Na foto vese a alfombra colocada no tear xigante onde a fixeron e un cartel ó fondo co nome do curso.
44
Alumna: Violeta Brizuela Martínez
Escola: CRA Mestra Clara Torres (Tui)
Fotos da alfombra do escudo de Tui do ano 1969.
A primeira da esquerda é Concha Martínez Tato, tía avoa de Violeta (irmán do avó Manolo) que está coas súas compañeiras nun curso de alfombras en Tui. Segundo a tía esta alfombra está no Concello de Tui e póñena nalgunha celebración.
Na foto vese a alfombra colocada no tear xigante onde a fixeron e un cartel ó fondo co nome do curso.
45
Alumno: Elan Domínguez Fonseca
Escola: CRA Mestra Clara Torres (Tui)
Na foto sae Severino Pérez, o tataravó de Elan que era vendedor de barquillos con ruleta. O xogo da ruleta que consistía en que os compradores daban voltas a ruleta, se había varios participantes pagaba os barquillos o que sacaba menor número, se era unha soa persoa pagaba e tiña dereito a levarse un barquillo en cada xogada.