Ponte... nas Ondas!

A inscrición do patrimonio común galego-portugués

En 2001 a Asociación Ponte…nas ondas! comezou a promover a presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués diante da UNESCO, unha iniciativa destinada ao recoñecemento internacional deste patrimonio.

No ano 2004, España e Portugal avalan a Candidatura e preséntase na UNESCO. Tratábase da primeira candidatura multinacional promovida desde centros educativos de dous países da Unión Europea. Culminaba así un longo traballo que logrou un eco social e un recoñecemento total ao labor realizado por Ponte…nas ondas! ( + info: www.opatrimonio.org ).

O día 25 de Outubro de 2004, un grupo de profesores e profesoras da Asociación Ponte…nas ondas! entregaban na sede da Unesco en París, a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Nacida desde escolas ás dúas beiras do Miño, esta Candidatura concitou unha grande adhesión en Galicia e en Portugal ( e na diáspora galego-portuguesa ) e logrou o aval dos Estados español e portugués así como da Xunta de Galicia, sendo numerosas as institucións que colaboraron na realización dos traballos preparativos ( Universidades, Museos, Asociacións…).

O 25 de novembro de 2005 o patrimonio inmaterial galego-portugués optaba a ser proclamado como Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade. Naquela data, a UNESCO recomendou volver a presentar a proposta destacando o seu grande valor e riqueza das súas manifestacións e expresións.

Un amplo apoio por parte de importantes personalidades do mundo da cultura, a educación e da ciencia foi explicitado mediante adhesións colectivas e individuais (José Saramago, Nélida Piñón, Federico Mayor Zaragoza, Suso de Toro, Manuel Rivas, Mário Claudio, etc.)

Baixo os principios da Convención para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, o novo modelo establecido pola Unesco, Ponte…nas ondas! continúa o traballo para a identificación, o estudo, a investigación, a transmisión, a difusión e valorización do patrimonio común galego-portugués, nunha iniciativa na que as escolas son verdadeiras protagonistas e motores.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas