Ponte... nas Ondas!

A prestixiosa revista PH do Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico publica un artigo sobre a candidatura de Ponte…nas Ondas!

O número 104, especial monográfico dedicado ás boas prácticas en conservación e revitalización do patrimonio cultural desde os ODS ( Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ), dedica na sección de Actualidade un artigo sobre a candidatura de Ponte…nas ondas! presentada por Portugal e España ao Rexistro das Boas Prácticas co PCI ( Patrimonio Cultural Inmaterial ) da UNESCO e que opta á súa inscrición en 2022.

Revista PH 104 (2021) (Especial monográfico) Buenas prácticas en conservación y revitalización del patrimonio cultural desde los ODS
Publicado: 2021-06-11
https://www.iaph.es/revistaph/index.php/revistaph/issue/view/120

Ponte…nas ondas! opta a esta distinción despois dunha traxectoria de 26 anos de experiencias educativas, sociais e culturais co patrimonio inmaterial galego-portugués. O modelo Ponte…nas ondas! vai ser examinado pola UNESCO en decembro de 2022 para ser inscrito no rexistro das boas prácticas. Isto vai supor que o modelo sexa recoñecido en todo o mundo e poida ser replicado noutros contextos e territorios.

A UNESCO ten impulsado nos últimos anos a potencialidade das boas prácticas na xestión do patrimonio cultural fomentando o recoñecemento da calidade e da innovación das prácticas ou experiencia incluídas no seu programa Recognition best practices in World Heritage management, iniciativa creada polo Comité do Patrimonio Mundial en 2012, con motivo do 40 aniversario da Convención do Patrimonio Mundial.

O concepto das boas prácticas ten sido empregado nas últimas décadas no ámbito da pedagoxía e a didáctica para mostrar as experiencias eficaces e eficientes nos procesos educativos. A FAO definiunas do seguinte xeito:

“Unha boa práctica non é tan só unha práctica que se define boa en si mesma, senón que é unha práctica que ten demostrado que funciona ben e produce bos resultados, e, por tanto, recoméndase como modelo. Trátase dunha experiencia exitosa, que ten sido probada e validada, nun sentido amplo, que se ten repetido e que merece ser compartida co fin de ser adoptada polo maior número de persoas” (FAO 2014).

No artigo exponse a relación da experiencia de Ponte…nas ondas! cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible). Nese sentido, o patrimonio cultural galego-portugués pode exercer un papel importante para a implementación e a consecución dos ODS tendo en conta aos grupos e comunidades que manteñen, transmiten e transforman este patrimonio.
As boas prácticas deben servir como experiencias positivas para desenvolver accións prácticas sobre o patrimonio cultural no que se impliquen as persoas e comunidades portadoras e deben contribuír á mellora da súa calidade de vida.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas