Ponte... nas Ondas!

Adianto de actividades 2023/2024

Desde Ponte…nas ondas! convidámosvos a participar nas actividades que vos adiantamos:

Congreso internacional EDUCACIÓN + PCI : PONTE ENTRE ESCOLA E SOCIEDADE (20 aniversario da Convención de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO)(achegamos cartel para que difundades. Programa e inscricións na web)

DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO. 16 de novembro
(Acto de entrega do 6º Certame “As imaxes do patrimonio”. Propomos actos nos centros para conmemorar esta efeméride.

DÍA MUNDIAL DA RADIO. 13 febreiro. Convidamos a preparar a participación nunha emisión radiofónica en directo.

7º CERTAME “AS IMAXES DO PATRIMONIO”. Propomos a participación do alumnado no Certame.

• Produción de podcast e vídeos para o portal ESCOLAS NAS ONDAS
(www.escolasnasondas.com)

• En maio PONTE…A XOGAR! Actividades arredor do xogo tradicional

PONLLE MÚSICA….ÁS NOSAS MÚSICAS. Colle as cancións de Ponte…nas ondas! e que os alumnos e alumnas canten por riba a mesma letra ou unha adaptación dela.

RECURSOS do Patrimonio Cultural Inmaterial. Nestas webs tedes exemplos de traballos realizados co patrimonio.
http://pontenasondas.org/certames-de-recolla/
http://patrimoniodefuturo.webs.uvigo.es/concurso-de-recolha/
* Ofertamos obradoiros de radio escolar para o alumnado.

• info: www.pontenasondas.org
• correo e.: pontenasondas@pontenasondas.org

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas