CANDIDATURA UNESCO DO PGIP

En 2001 a Asociación Ponte…nas ondas! comezou a promover a presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués diante da UNESCO, unha iniciativa destinada ao recoñecemento internacional deste patrimonio.

No ano 2004, España e Portugal avalan a Candidatura e preséntase na UNESCO. Tratábase da primeira candidatura multinacional promovida desde centros educativos de dous países da Unión Europea. Culminaba así un longo traballo que logrou un eco social e un recoñecemento total ao labor realizado por Ponte…nas ondas! ( + info: www.opatrimonio.org ).

O día 25 de Outubro de 2004, un grupo de profesores e profesoras da Asociación Ponte…nas ondas! entregaban na sede da Unesco en París, a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Nacida desde escolas ás dúas beiras do Miño, esta Candidatura concitou unha grande adhesión en Galicia e en Portugal ( e na diáspora galego-portuguesa ) e logrou o aval dos Estados español e portugués así como da Xunta de Galicia, sendo numerosas as institucións que colaboraron na realización dos traballos preparativos ( Universidades, Museos, Asociacións…).

O 25 de novembro de 2005 o patrimonio inmaterial galego-portugués optaba a ser proclamado como Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade. Naquela data, a UNESCO recomendou volver a presentar a proposta destacando o seu grande valor e riqueza das súas manifestacións e expresións.

Un amplo apoio por parte de importantes personalidades do mundo da cultura, a educación e da ciencia foi explicitado mediante adhesións colectivas e individuais (José Saramago, Nélida Piñón, Federico Mayor Zaragoza, Suso de Toro, Manuel Rivas, Mário Claudio, etc.)

Baixo os principios da Convención para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, o novo modelo establecido pola Unesco, Ponte…nas ondas! continúa o traballo para a identificación, o estudo, a investigación, a transmisión, a difusión e valorización do patrimonio común galego-portugués, nunha iniciativa na que as escolas son verdadeiras protagonistas e motores.

10 anos da presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués diante da UNESCO

Mañá cúmprense dez anos da presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués diante da UNESCO.

10 anos de loita polo recoñecemento do patrimonio inmaterial galego-portugués

O 25 de novembro de 2005, hai dez anos, o patrimonio inmaterial galego-portugués optaba a...

Photocalls en directo dende o CulturGal

// Publicado por 1 Patrimonio para o Futuro. CO ONDAS DE PONTE... NAS ONDAS! (function(d, s, id) {...

Acto dos 10 anos da Candidatura á UNESCO

Este venres 17 de outubro, na sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago...

A Candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas

A CANDIDATURA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS á UNESCO é unha iniciativa que promove Ponte…nas ondas!...