A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca aos centros educativos galegos e portugueses de calquera outra procedencia, a participar no Día Mundial da Radio o vindeiro 13 de febreiro de 2016.
No ano 2011, a UNESCO, proclamou o 13 de febrero como “Día Mundial da Radio” conmemorando o día no que as Nacións Unidas crearon a “Radio das Nacións Unidas” no ano 1946.
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! tivo sempre como un dos seus obxectivos primordiais a difusión da Radio Escolar porque consideramos que é unha ferramenta sinxela, barata e de doada implantación nos centros escolares, ao mesmo tempo que unha potente ferramenta didáctica con múltiples aplicacións e infinitas posibilidades na vida diaria das escolas. A chegada dos modernos medios de comunicación, INTERNET, redes sociais así como a aparición de adiantos tecnolóxicos, telefonos móbiles, ordenadores, tabletas, gravadoras e reproductoras de son, non restaron nada da potencialidade do medio radio senón que ainda lle engadiron máis posibilidades e fixeron mais doado, se cabe, a súa utilización.
Dende a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, propoñemos aos centros educativos, teñan Radio Escolar ou non, que envíen un programa de radio para conmemorar con nós o Día Mundial da Radio o día 13 de febreiro.
Que facer ?
- ·Gravar un programa de radio ou video ou enviar un xa gravado, de calquera temática. A modo de suxestións, aí van algunhas:
- -A radio na túa vida
- -Opinións sobre a radio
- -A radio no século XXI
- -Mostras do patrimonio inmaterial galego-portugués ( o entroido, a literatura oral, as celebracións tradicionais, a cultura agro-marítima )
Como ?
- · Unha gravación de audio en calquera formato ( duración ilimitada ) con dúas opcións para o envío:
- – Subila a Sound Cloud ( abrindo unha conta ) e mandando o enlace.
- – Mandar a gravación directamente, por e-mail ou correo postal.
- – Cada centro pode enviar as gravacións que desexe.
Envíos antes do 11 de febreiro a: ondas@pontenasondas.org
Aquí podedes ver e escoitar os programas do pasado ano: