Ponte... nas Ondas!

Falan as Bibliotecas Vivas

O 26 de maio Ponte…nas ondas ! realizou no Museo do Verbum de Vigo a primeira Biblioteca Viva do patrimonio cultural galego-portugués. Unha xornada á que estiveron convidados os centros educativos da Eurorrexión ata completar o aforo.

A xornada estivo conducida polo actor e narrador oral galego Avelino González e pola portuguesa Helena Faria.

REVISTA ORAL GALEGO-PORTUGUESA

O Museo Verbum transformouse nunha biblioteca viva na que os xoves da Eurorrexión tiveron a oportunidade de dialogar e de interactuar cos libros-vivos.

Unha Biblioteca Viva (Living Library) é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, a entrevista e o diálogo cos usuarios/as.

A Biblioteca Viva (BV) é un proxecto educativo e cultural que pretende achegar coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. É un proxecto de dinamización do coñecemento que convida a indagar e a descubrir aspectos novidosos sobre o tema axudando a combater o descoñecemento, a ignorancia, os prexuízos e os estereotipos dunha maneira activa e vivenciada.

Celebrada por primeira vez en Dinamarca no ano 2000 e promovida dende o 2001 polo Consello de Europa como ferramenta de educación intercultural, a celebración de Bibliotecas Vivas é un fenómeno que comeza a espallarse polo mundo.

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! e a Asociación Xandobela ven nesta iniciativa un xeito útil e novedoso de continuar coas súas propostas de recollida e divulgación do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. Recentemente, ambas asociacións participaron nun encontro europeo celebrado en Atenas sobre as Bibliotecas Vivas e o Sistema dos Tesouros Vivos.

TEATRO

Na mesma mañá do dia 26, a compañía de teatro Limiar representou unha versión especial da obra Farenheit, baseada nas figuras das persoas-libro da novela de Rab Bradbury. Fahrenheit 451 é o título da novela distópica publicada en 1953 e que foi levada ao cinema por Francois Truffaut. Limiar teatro integrará na representación a persoas-libro representativas do patrimonio galego-portugués.

DOCUMENTAL

E para rematar a xornada, os xoves galegos e portugueses tiveron a oportunidade de visionar o documental BRASIL SOMOS NÓS do gaiteiro Carlos Núñez, sobre a presenza do patrimonio cultural galego-portugués no Brasil.

NAS ONDAS DO VERBUM

Os centros que asistiron ao Verbum tiveron tamén a oportunidade de visitar a exposición GALICIA NAS ONDAS, un percorrido pola historia da radio en Galicia, e na que se recollen tamén as actividades e experiencias realizadas por Ponte…nas ondas! ao longo destes 16 anos.

O 3 DE XUÑO-XVII PONTE…NAS ONDAS! – AS BIBLIOTECAS VIVAS

O 3 de xuño emítese a programación da XVII edición de Ponte…nas ondas! a traves da Web www.pontenasondas.org . Un ano mais, participan centros educativos de Galicia, Portugal, Brasil, Arxentina, Colombia e Cuba.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas