Ponte... nas Ondas!

Fallo do V Certame de Recollas

FALLO DO XURADO

Reunidos dona Mª Ofelia Carnero Vázquez, don Antonio Reigosa Carreiras, como especialistas na materia obxecto de convocatoria e don Xerardo Feijoo Rapela en representación da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas, constitúense como Xurado do V CERTAME DE RECOLLA DA TRADICIÓN ORAL GALEGO-PORTUGUESA convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! coa colaboración da Cátedra da Eurorrexión da Universidade de Vigo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia tendo como tema “As bibliotecas vivas: historias de vida”, e

ACORDAN

1º.-Agradecer ao profesorado e alumnado de todos os centros de ensino de Galicia e Portugal inscritos a súa participación neste V Certame de Recolla Tradición Oral Galego-Portuguesa amosando así que promover un futuro para a cultura común obriga a sensibilizar ás novas xeneracións sobre a importancia da conservación e da transmisión xeneracional dos saberes, técnicas e coñecementos que nos foron legados

Os traballos presentados a concurso foron 10 procedentes de 10 centros de ensino, correspondendo a cada categoría establecida:

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico………………………………………………….. 4
Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario……………….. 0
Categoría Bacharelato/Ensino Complementar…………………………………………….. 2
Categoría Ensino Profesional/Ensino Profissional………………………………………. 1
Categoría Universidade/Ensino Universitário…………………………………………….. 1
Fóra de categoría………………………………………………………………………………………. 2
Traballos procedentes de centros de Galicia………………………………. 3
Traballos procedentes de centros de Portugal…………………………… 7
2.-O Xurado valora a calidade da maioría dos traballos presentados a concurso, a metodoloxía empregada e a aplicación dos requisitos establecidos nas bases, sobre todo no tocante á dobre finalidade perseguida por esta convocatoria: que este patrimonio común forme parte da vida escolar e que o sistema educativo participe da tarefa de rescatar e de poñer en valor no proceso de transmisión este patrimonio.

3.-O Xurado acorda así mesmo solicitar da entidades convocante promover a publicación dos traballos premiados nesta edición e nas catro anteriores para que sexan útiles á comunidade como referentes a imitar.

4.-Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame, tendo en conta, entre outros, os motivos que se expoñen en cadacaso:

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico

1º Premio: ao proxecto presentado polo Jardín de Infância de Boậvista – Aldreu, Agrupamento de Escolas de Fragoso, coordinado por Jorge Manuel da Fonseca Barbosa, e que leva por título “Entre o Traje Regional e a lenda… un Livro Vivo: D. Gracinda ”. Válorase a metodoloxía empregada, a presentación e desenvolvemento didáctico do proxecto coa implicación activa de toda a comunidade. Este traballo constitúe un exemplo modélico para aprender a valorar a tradición viva nun contexto de respeto para coas persoas que custodian este patrimonio, para coas bibliotecas vivas.
2º Premio: Aos traballos presentados polo polo Agrupamento de Escolas Abel Varzim, de Vila Seca, Barcelos, coordinado por Ana Cristina Silva e Paulo Lisboa, e que leva por título “As bibliotecas vivas: Dª Almerinda Casanova” e “As bibliotecas Vivas: Dª Palmira Casanova” Válorase a identificación de dúas bibliotecas vivas e á achega ás súas historias de vida como un libro de memorias e de experiencias a coñecer e compartir. As memorias de estas dúas mulleres, Almerinda e Palmira Casanova, conforman un espello na memoria dos alumnos que reflicte mellor que calquera outro documento o devir dun tempo e dunhas circunstancias.
Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

Deserto. Non se presentaron proxectos

Categoría Ensino Profesional / Ensino Profissional

1º Premio: ao proxecto presentado pola Escola Secundaria de Arouca, coordinado por Marcia Cristina de Bessa Brandặo, que leva por título “Fragmentos de felicidade”. Valórase moi positivamente, tendo en conta que os alumnos participantes serán no futuro animadores socioculturais, a práctica escolar como estímulo e compromiso coa transmisión de saberes tradicionais, a experiencia como fonte de coñecemento.
2º Premio: Deserto
Categoría Bacharelato/Ensino Complementar

1º Premio: Ao proxecto presentados polo IES Fontem Albei, de A Fonsagrada (Lugo), coordinado por Delia Polo Losada, e que leva por título “Manuel, mestre de lembranzas”. Valórase o tratamento dunha historia de vida como experimento didáctico e os resultados que, de forma indirecta, achegan ao alumnado a un mundo rural descoñecido para eles pero aínda vivo, e experimentado, na memoria de moitos dos seus conveciños.
2º Premio: Deserto
Categoría Universidade/Ensino Universitario

1º Premio: Ao proxecto presentado desde a Escola EB 2,3 de Briteiros, cordinado por Ana Cristina Pereira, e que leva por título “Historia da criação do Grupo Folklórico da Casa do Povo de Briteiros” Valórase a recreación da historia de vida de Jose Silva, fundador deste Grupo Folclórico, como escusa para promover o diálogo e a comunicación interxeneracional, para coñecer a historia, orixe, experiencias e circunstancias da pervivencia dun colectivo a través do tempo, e, aínda, para que as novas xeneracións descubran que son as vontades de determinadas individuos as que lle dan forma á historia, e non unha suposta e impersoal tradición.
2º Premio: Deserto
Accésits

En virtude do especificado nas bases da convocatoria, este xurado considera oportuno adxudicar un accésit ao traballo presentado fóra das categorías establecidas ao proxecto presentado Programa Mentor IGAXÉS 3 (Instituto galego de xestión para o terceiro sector), coordinado por Carolina Borges Veloso e que leva por título “A profesión de Naceiro. Vivencias de dous mestres afiadores de Ourense”

Valórase o esforzó dos promotores e coordinadores do proxecto por deseñar e por en práctica unha actividade de inmersión social a través de entrevistas a “bibliotecas vivas” que non só transmiten un saber, neste caso o do oficio de afiadores, senón que son testemuña de experiencias de persoas do común que forman parte das raíces culturais, que se expresan na mesma lingua nai e que, como consecuencia, son estímulo para a o coñecemento e a creatividade do seu alumnado.

En Salvaterra de Miño a 9 de setembro de 2011

Acto de entrega dos premios do V CONCURSO DE RECOLHA DA TRADIÇÃO ORAL GALEGO-PORTUGUESA PONTE…NAS ONDAS!

Valença – 18 novembro 2011

Programa

11h – Sessão Solene

Abertura (Presidente Câmara de Valença)
Entrega de prémios intercalada com um momento musical (Associação Luar do Minho)

12h30 – Encerramento (Prof. Santiago Veloso)

Momento musical

12h30/13h – Almoço

14.30h – Visita à Fortaleza

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas