Ponte... nas Ondas!

Libro: Memoria e Patrimonio: unha boa práctica co PCI

MEMORIA E PATRIMONIO. UNHA BOA PRÁCTICA CO PCI

Proxecto dixital editado co apoio do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

O libro ‘Memoria e Patrimonio’ ofrécenos 25 fotografías seleccionadas entre as recollidas nas primeiras edicións do Certame Imaxes do Patrimonio de PNO!. As imaxes son exemplo de como a mocidade de centros educativos de Galicia e de Portugal toma contacto coas xeracións anteriores e recolle as memorias asociadas ao patrimonio inmaterial galego-portugués a partir de álbums fotográficos familiares.

Cada unha das fotografías vai acompañada dun texto explicativo redactado polo alumnado. Ademais, cada fotografía é interpretada graficamente a través dunha banda deseñada elaborada polo prestixioso ilustrador Andrés Meixide, un colaborador habitual dos diferentes proxectos de Ponte…nas Ondas!

Alén do libro en formato descargable, os materiais contan cunha versión multimedia enriquecida con diversos contidos. Por unha beira, pode consultarse en formato de audiolibro e escoitar os podcasts que acompañan cada unha das imaxes. E por outra parte, proporciónanse unha serie de actividades interactivas pensadas para o aproveitamento didáctico a partir das temáticas relacionadas coas diferentes fotografías.

Preme aquí para descargar a versión en pdf: Memoria e Patrimonio

Na parte inferior podes navegar a versión interactiva: (atoparás frechas para desprazarte e un botón na parte inferior dereita para ampliar a visualización a pantalla completa)

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Día Internacional do Patrimonio Inmaterial 2024
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas