"Da outra beira do río / Hai un espello no que me miro". A realidade compartida que une ás comunidades galega e portuguesa máis alá das fronteiras administrativas queda fermosamente reflectida nesta estrofa de ‘Máis perto’, peza composta por Uxía e Segundo Grandío para Meniños Cantores, convertida en auténtico himno de unión da mocidade das dúas beiras. Preme na parte inferior dereita para ver o vídeo a pantalla completa.
