Ponte... nas Ondas!

Na Ponte

NA PONTE é un traballo colectivo que Ponte…nas ondas! edita camiño dos 20 anos da súa existencia. Unha experiencia inédita que ten acadado importantes avances nos diferentes ámbitos da súa actuación.

NA PONTE é unha obra que suma moitas vontades: do alumnado, do profesorado, dos profesionais dos medios de comunicación, das emisoras de radio, de investigadores, antropólogos, educadores, “portadores/as do patrimonio”…

Ao longo destes anos, Ponte…nas ondas! foi producindo e creando materiais en diversos formatos. Forman parte deste traballo, Gravacións, textos, debuxos, fotografías, cancións, expresións do patrimonio común galego-portugués…un universo patrimonial que se foi realizando en diferentes momentos e contextos: aulas de escolas e institutos, teatros e salas de concertos, estudos de radio, museos, prazas e espazos públicos. Estes materiais teñen tamén teñen procedencias diversas: Galicia, Brasil, Angola, Mozambique ou Portugal

Un auténtico traballo coral que xunta as voces da amizade, as voces do patrimonio común, da nosa identidade. Un diálogo interxeneracional que que agora se mostra nas voces dos seus protagonistas.

O libro

+ a educación + a comunicación + as TICs + o patrimonio cultural +
Textos e artigos de profesores/as, xornalistas, antropólogos e artistas.
Material gráfico de Ponte…nas ondas!
As imaxes dos momentos máis intensos das actividades

Artigos de Vicente Goyanes (UVIGO-TV), Álvaro Campelo (Antropólogo, Universidade Fernando Pessoa do Porto), Andrés Meixide (deseñador gráfico e ilustrador), Xosé Manuel González Reboredo (Antropólogo, Museo do Pobo Galego), Xosé Manuel Cid (profesor, Universidade de Vigo), Antonio Reigosa (Escritor, Museo Provincial de Lugo), Xosé Font (Director da Radio Municipal de Tui), Uxía Senlle (artista), Dorinda Castro (profesora, IES Pino Manso de O Porriño), Filomena Cruz (profesora, Agrupamento de Escolas de Caminha), Teresa Callis (profesora, IES A Sangriña de A Guarda), Lourdes Carita (profesora, Agrupamento de Escolas de Valença do Minho), Raúl Francés (profesor, IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas), Xerardo Feijoo (profesor, CEIP Infante Felipe de Salvaterra de Miño), Santiago Veloso (profesor, IES Terra de Turonio de Gondomar).

O CD

Un recorrido pola paisaxe sonora de Ponte…nas ondas! cun formato radiofónico conducido polas voces do alumnado. 23 colaboracións de artistas de tres continentes realizadas para a xornada de comunicación. Chico César, Lenine, Margareth Menezes, Socorro Lira, Daniela Mercury, João Alfonso, Gaiteiros de Lisboa, Amélia Muge, Vozes da Rádio, Sérgio Godinho, Couple Coffee, Filipa Pais, Da outra margem, Luis Pastor, Uxía, X.M.Budiño, Treixadura, Pancho Álvarez, Narf, Guadi Galego, A banda de Poi, 2us, Xoán Curiel, Xiana Lado, Timbila Muzimba, Aline Frazão.

O DVD

O documental “Pontes nas ondas” realizado por Gus Abreu. Un percurso audiovisual que achega a faciana poliédrica de Ponte…nas ondas! con múltiples testemuñas de varios países.
6 videoclips de temas musicais realizados para a xornada de comunicación.
Extras de vídeos con actividades de Ponte…nas ondas!

1 COMMENT

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas