Ponte... nas Ondas!

O Ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, fai público un vídeo de apoio ao modelo Ponte…nas ondas!

• Súmase ás mostras de apoio á inscrición de PNO! na UNESCO como modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial.
• Unha delegación galego-portuguesa, que incluirá o conselleiro de Cultura e Educación da Xunta de Galicia e a directora xeral do Patrimonio Cultural, Carmen Martínez Insua, acudirá a Rabat os próximos días para a 17ª sesión do Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), a celebrar nesta cidade do 28 de novembro ao 3 de decembro de 2022.
• A asociación pon a disposición dos centros educativos materiais didácticos diversos para, aproveitando ademais este Mes do Patrimonio, sumárense a esta proclamación.

“Este proyecto es una de las iniciativas culturales más bonitas y singulares desarrolladas entre España y Portugal. Un puente de comunicación que no sólo teje lazos educativos”, expresa o ministro de Cultura, Miquel Iceta, na breve intervención audiovisual coa que quere alentar e subliñar o apoio do seu departamento á inminente decisión sobre a entrada do modelo PNO! no Rexistro de Boas Prácticas da UNESCO. (Copia do vídeo aquí: https://youtu.be/UGr4Vr2Qp5s)

Un apoio que se suma ao da ministra de Educación e Formación Profesional do goberno español, Pilar Alegría, quen o pasado mes de novembro expresou tamén, nun vídeo enviado á comunidade educativa con motivo da celebración do Día Internacional do Patrimonio, a súa beizón a este proceso. (Copia do vídeo aquí: https://youtu.be/sA1GHFhmnOk)

Nesa mesma xornada, asistiu o propio embaixador de España na UNESCO, José Manuel Rodríguez Uribes, quen acudiu a Galicia para reunirse con Ponte…nas ondas! e apoiar a súa inscrición como modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial. Ademais, durante esa xornada o embaixador visitou o CEIP 6 do Nadal en Vigo, un centro educativo do modelo Ponte…nas ondas!. “Ponte…nas ondas! é un proxecto que encaixa perfectamente coa filosofía da UNESCO”, subliñou o embaixador.

Tamén no evento estiveron o secretario xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, a directora xeral do Patrimonio Cultural, Carmen Martínez Insua, e o representante da Deputación de Pontevedra, Santos Héctor Rodríguez. Unha delegación galego-portuguesa, que incluirá o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, acudirá a Rabat os próximos días para a 17ª sesión do Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), a celebrar nesta cidade do 28 de novembro ao 3 de decembro de 2022.

Celebración nas escolas

Cara a esta inminente inscrición de Ponte…nas ondas! como modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial no rexistro de UNESCO, a asociación fixo un chamamento a todos os centros colaboradores a sumárense á celebración de xeitos diversos: gravación de programas de radio, uso dos materiais e recursos didácticos, proxección de vídeos, audición de pezas musicais etc.

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, leva máis de vinte e sete anos traballando na divulgación do Patrimonio inmaterial galego-portugués. Coordinados por docentes galegos e portugueses, milleiros de alumnas e alumnos de escolas de Galicia e Portugal teñen participado nos certames de Recolla do Patrimonio Inmaterial, Xornadas Multimedia ou Días Mundiais da Radio, entre outros eventos e actividades organizados pola Asociación.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas