• Unha delegación de alumnos, profesores e músicos galegos integran a representación homóloga en Lisboa para presentar o modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial (PCI) que a UNESCO inscribiu en decembro de 2022 a proposta de Portugal e España.
• Logo da xornada este xoves 2 de maio no Instituto Español de Lisboa Giner de los Ríos, celebrarase un novo evento este venres 3 de maio no Centro Galego.
O Instituto Español de Lisboa “Giner de los Ríos” acolleu este xoves a primeira xornada “radiovisual” de Ponte…nas Ondas! en Lisboa, co alumnado do IES de Salvaterra de Miño, co português como segunda lingua no seu instituto, e do Instituto Ginér de los Rios de Lisboa como protagonistas.
Os estudantes conduciron o programa, “Ponte…nas ondas! 1 modelo de boas prácticas co PCI”, e diante dos micrófonos entrevistaron a Consejera de Educación da embaixada de España en Lisboa, a directora do Instituto Español e os músicos João Afonso, Uxía e Fernando Abreu. João Afonso e Uxía actuaron tamén conxuntamente para o público presente, ao igual que o propio Abreu, xunto co grupo Cuarteto Caramuxo.
A emisión, que puido seguirse a través do Instagram do instituto lisboeta e das webs de PNO, estará proximamente dispoñible tamén en Youtube.
As actividades relizadas en Lisboa contaron coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, do IE de Lisboa e do Centro Galego de Lisboa.