Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas Ondas! conmemora o Día Mundial da Radio

O 13 de febreiro Ponte…nas ondas! celebrou o Día Mundial da Radio cun acto organizado en colaboración coa Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

O acto, aberto ao público,  comezou ás 17.00 hs. no Salón de Graos.

Ademais, fíxose público o MANIFESTO DAS RADIOS ESCOLARES.

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.612463912136639.1073741825.284485861601114&type=1

O Día Mundial da Radio foi proclamado pola UNESCO no ano 2011 e nesta edición a temática céntrase na presenza da muller na radio. A experiencia de Ponte…nas ondas! cumpre este ano o seu 20 aniversario, como unha actividade única que une arredor da radio o labor educativo, as TICs e a difusión do patrimonio cultural.

Coincidindo con esta data, Ponte…nas ondas! e AIRE (Asociación Internacional de Radios Educativas ) fan público o  MANIFESTO DAS RADIOS ESCOLARES este día 13.

O ACTO

Ponte…nas ondas! realizou unha presentación “radiovisual”, conducida por Rocío Pereira, ex-alumna da Facultade, locutora de radio e participante en diferentes edicións de Ponte…nas ondas!

O acto serviu para presentar a historia da Asociación  Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! e o traballo desenvolvido ao longo destas dúas décadas, así como a publicación NA PONTE, libro-disco-dvd.

CONVIDADOS:

  • Xosé Mª García Palmeiro, profesional da comunicación que foi presidente do Colexio de Xornalistas de Galicia. Será entrevistado por alumnado de radio da Facultade.
  • Xurxo Souto, músico e locutor. O creador do movemento Bravú dirixiu o programa A tropa da tralla na Cadena Ser. Xurxo achegará a música en directo (fundador de Os Diplomáticos e Os Tres Trebóns).

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas