Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas ondas! no XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional, celebrou o sábado 27 de maio en Narón o décimo primeiro Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. Nas instalación do CPI do Feal reuniron cerca de 500 persoas, entre nenos, nenas e maiores procedentes de 11 escolas da zona.

A Asociación Ponte…nas ondas! que é socia da Rede asistiu coma convidada a esta festa da tradición lúdica.

O Encontro de Brinquedia comezou sobre ás 11 horas cunha primeira quenda de xogos, ao que deu lugar un tempo de lecer (12:15h) onde os nenos repuxeron forzas cunha pequena merenda, para a continuación, dar entrada a unha segunda quenda que remataría sobre ás 14 horas. Momento este no que os peóns, cordas, mariolas e demais deron paso a unhas apetecibles viandas que foron devoradas nun visto e non visto, para volver ao xogo deica o final da xornada, que rematou arredor das seis da tarde.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas