Ponte... nas Ondas!

Recoñemento á Asociación Ponte… nas Ondas! aprobado na Câmara Municipal de Valença

“Pola súa importancia para preservar o patrimonio e o legado cultural e etnográfico galego-portugués, para salvagardalo e transmitilo ás xeracións máis novas, no territorio transfronteirizo que compartimos con orgullo; Debido ao impacto deste proxecto na comunidade da nosa Agrupación Escolar Muralhas do Minho, propoño a atribución da Medalla Municipal ao Mérito, que será entregada nas Comemorações do Feriado Municipal, o día 18 do mes de febreiro á Associação Cultural e Pedagógica Ponte… nas Ondas!. Así o asina o alcalde José Manuel Vaz Carpinteira, da Câmara Municipal, que na súa reunión do 21 de decembro aprobou a atribución da Medalla ao Mérito Municipal ao Proxecto “Ponte…Nas Ondas!” (según se propón no anexo).

Imaxe: Câmara Municipal de Valença – www.visitvalenca.com

Lembran que nesta asociación ten un papel fundamental a profesora Esmeralda Carvalho, do Grupo Escolar Muralhas do Minho, de Valença.

E sinalan que o pasado 1 de decembro o XVII Comité Intergobernamental da UNESCO, reunido en Rabat, Marrocos, aprobou a proposta conxunta de Portugal e España para a inscrición do proxecto Ponte…nas Ondas! no rexistro de boas prácticas para a salvagarda do Patrimonio Cultural e Inmaterial da UNESCO, sinalando que esta iniciativa “fai fincapé na participación das comunidades na salvagarda do patrimonio cultural inmaterial compartido”, que pode servir de modelo internacional aplicable a outras áreas xeográficas. “Esta é a primeira vez que Portugal ve unha aplicación inscrita no rexistro de boas prácticas da UNESCO”.

Tamén hai que lembrar que o Concello de Valença asinou recentemente un protocolo de cooperación coa Asociación Ponte… nas Ondas! con vistas a poñer en marcha en Valença o Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural Inmaterial do Minho, no edificio da Antiga Alfândega.

Neste contexto, invitamos a todos os interesados a estar presentes na Sesión Solemne, o día 18 de febreiro de 2023, ás 11:30 horas, no salón de actos da ESCE, para o seu recoñecemento público.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas