20 pontes, 20 anos nas ondas

Estamos xa preparando a XX edición da Xornada Multimedia de Comunicación “PONTE…NAS ONDAS! Por esta razón queremos convidarvos a participar nunha celebración que pretendemos sexa moi especial.

Desde a primeira edición da xornada “experimental” de radio interescolar a experiencia foi evoluíndo e transformándose coa colaboración e as suxestións dos participantes. Así, realizáronse programas de radio en directo ( ou pregravados ) no día de Ponte…nas ondas! emitidos pola FM das emisoras de radio , fixéronse colaboracións radiofónicas con emisoras comerciais , emitiuse simultaneamente a programación a traves de Internet, elaboráronse programas de televisión emitidos en directo por Internet…un amplo abano de opcións encamiñadas a ofrecer un espazo para a innovación e a creatividade!

Durante estes vinte anos os centros educativos foron os protagonistas e os mantedores de todas as actividades de Ponte…nas ondas! Por esta razón facemos un chamamento a todos eles e especialmente a aqueles que ao longo destas dúas décadas máis activamente se mantiveron NA PONTE. O librodisco-dvd recolle parte de todo este traballo. O patrimonio galego-portugués ten sido outra liña de traballo de Ponte…nas ondas! Nesta vixésima edición dirixímonos aos centros educativos para que continuen a traballar neste ámbito , producindo programas sobre o noso patrimonio común para esta edición. Por todo isto, queremos celebrar toda esta traxectoria cunha nova demostración de creatividade e enxeño. Animamos á participación con diversos premios cos que tratamos de recoñer o voso traballo. Para iso , convidámosvos a inscribirvos nesta XX PONTE…NAS ONDAS!

cartaz_2014_gl.zip [Cartaz 2014 – Galego]

cartaz_2014_pt.zip [Cartaz 2014 – Português]

Ficha de inscrição XX edição 53 Kb

Ficha inscrición XX edición – Galegoo 53 Kb

Folheto 20 Pontes – Português 118 Kb

Folleto 20 Pontes – Galego 124 Kb

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here