3º Certame “As imaxes do Patrimonio”

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! ( ONG consultora para o PCI acreditada pola UNESCO ) leva anos defendendo a recuperación e transmisión do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués.

Para transmitir e divulgar este patrimonio Ponte…nas ondas! propón incluílo nas programacións educativas e incorporalo á practica diaria nas aulas como xeito de transmisión ás novas xeracións.

Ponte…nas ondas! quere propor con esta iniciativa que se recuperen e poñan en valor as fotografías con valor patrimonial para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao tránsito do ámbito analóxico para o entorno dixital . Somos conscientes de que para esta actividade será imprescindible a colaboración das familias dos alumnos e alumnas que agradecemos de antemán.

O prazo de presentación das fotografías comezará o día 16 de novembro de 2019 (Día internacional do Patrimonio) e rematará o 30 de abril de 2020.

O sistema para o envío das fotos será a través da páxina www.escolasnasondas.com, seguindo as instrucións que alí aparecerán.

Preme aquí para descargar as bases completas

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here