Carles Francino di que Ponte… nas Ondas! fará mellor este país

Noticia en El Correo Gallego.

O director do espazo ‘La Ventana’ eloxia este tipo de iniciativas, “que tanta falta fan hoxe”.

Nunha conversa moi distendida, o periodista Carles Francino, director do espacio La Ventana da Cadena Ser, mostrouse apaixonado pola experiencia que leva a cabo a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas desde hai vinte anos, e sinalou que lle fai lembrar os seus primeiros anos de radio.

«Eu teño unha experiencia fantástica con nenos na radio. Cando empecei en Radio Reus tiñamos un programa chamado La Radio a la Escola, que consistía precisamente nesto (…) e era unha experiencia fantástica (…) Eu quería ser profesor, eu son xornalista por puro accidente, por puro azar, e eso de poder mesturar a radio e a escola é un recordo fermoso».

Despois de relatar os motivos que o levaron a estudar Xornalismo e de aconsellar aos futuros xornalistas de radio, Francino rematou dando moitos ánimos a todos os que fan posible o proxecto porque, segundo dixo, «iniciativas como Ponte… nas ondas! van facer mellor este país, que boa falta fai (…) Estades tecendo sociedade civil, estades facendo bos cidadáns para o futuro».

O CEIP Infante Felipe de Salvaterra foi un dos protagonistas da mañá establecendo unha conexión en directo coa xornalista da Radio Galega Belén Regueira e interpretando en directo o tema tradicional portugués Pera Verde.

A continuación, Ponte… nas ondas estreou o tema Cutch, Cutchda cantora caboverdiana Gabriela Mendes, composto e dedicado a este XX aniversario.

Tamén tivo unha intervención o locutor José Miguel López, conductor de Discópolis de Radio 3.

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here