Entregados os premios do III Certame Escolar Internacional de podcasts Xosé Mosquera Pérez


O IES Plurilingüe Rosalía de Castro acolleu este venres 11 de xuño de 2021 o acto de entrega dos III Premios de Podcast Xosé Mosquera.

O xurado do III Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, “O vello dos contos”, reunírase días antes virtualmente para valorar os podcasts e os relatos radiofónicos enviados polos máis de trinta centros participantes nesta terceira edición. Este certame, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o apoio do colectivo Ponte nas Ondas, conta tamén coa colaboración da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo (cuxo alumnado crea as pezas únicas que reciben os/as finalistas), a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, Radio Galicia – Cadena Ser, o Museo do Pobo Galgeo, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia. O xurado, logo de valorar os 65 podcats enviados polos 32 centros educativos que se presentaron ao certame e de compartir opinións acerca dos extraordinarios traballos recibidos, acordou por unanimidade, en concordancia coas bases do concurso, declarar finalistas os seguintes traballos en cadansúa categoría.

Na web “O vello dos contos” e no portal Escolas nas Ondas podes escoitar todos os podcasts.

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here