Obradoiros ‘Escolas nas Ondas’: Visita ao IES Alvaro Cunqueiro (Vigo)

A mediados de novembro os obradoiros pasaron o martes 15 por aulas viguesas onde visitamos os alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Alvaro Cunqueiro en Vigo.

Fixemos a clase na aula de informática, e tivemos cheo… de feito algúns rapaces tiveron que compartir o computador, pero iso non os parou para que aprendesen a gravar e editar audio. De feito, mais da metade dos rapaces, decidiron pasar o seu tempo de descanso, na aula, traballando no podcast…. Así alguns foron quen de remátalo na mañá. Escoitemos algo do que fixeron!

Foron participativos, aínda que lles custou entrar en materia… sobre todo á hora de ler e interpretar en voz alta diante dos seus compañeiros. Neste obradoiro pretendemos que aprendan e non queremos obrigar a ninguén a facer un exercicio que non lles apeteza. Así e todo, á hora de gravar, todos voluntariamente se presentaron ante o micro, e deixaron patente a súa interpretación. Agardamos que teñan ganas de seguir traballando, e nos agasallen con algún novo podcast en vindeiras semanas!

Un pracer traballar no IES Alvaro Cunqueiro!

Aquí podedes escoitar exemplo do que fixeron: Podcast1 e Podcast2

COMPARTILHAR

DEIXE UMA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here