Ponte… nas Ondas! celebra 20 anos de historia cunha maratón

Nova publicada en La Voz de Galicia.

Un total de 54 centros educativos e 14 estudios de radio de Galicia e Portugal participan hoxe no XX aniversario de Ponte nas Ondas!. A xornada multimedia de comunicación céntrase, un ano máis, na radio en directo desde diferentes emisoras de Galicia e do Norte de Portugal, cunha programación que pode seguirse en directo na súa totalidade a través de Internet desde a web www.pontenasondas.org ate as dez da noite. A emisión está coordinada por UVIGO-TV, a canle da Universidade de Vigo.
A maratón comezou ás 10.00 horas na sala 1 do Edificio Miralles e ata alí achegouse tamén o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

Á celebración súmanse conocidas voces da radio como Carles Francino, Julia Otero, José Miguel López, Xurxo Souto, Ana Romaní e Xosé María Palmeiro.
O CEIP Infante Felipe de Salvaterra foi un dos protagonistas da mañá interpretando en directo o tema tradicional portugués ?Pera Verde?.

A continuación, Ponte? Nas Ondas! estreou o tema ?Cutch, Cutch? da cantora caboverdiana Gabriela Mendes, composto e dedicado a este XX Aniversario do proxecto. Pola tarde está prevista a intervención en directo de Julia Otero; a estrea do tema ?Sen Fronteiras? que será interpretado en directo no estudio polo dúo 2NaFronteira; saúdos musicais de bandas da escena galega máis actual como Caxade, Camarada Nimoy, SraSrSra, Cró, Talisien, Trampoline ou Pito de Pikaso.

Ponte… nas Ondas! comezou a súa andaina en 1994, co fin de servir como ponte de comunicación entre Galicia e Portugal ás beiras do miño. A través fundamentalmente de iniciativas interescolares de radio e a través da internet, tanto a ambos os lados da fronteira como con outros países de

Latinoamérica. Desde o ano 2002, o alumnado participante ampliouse coa incorporación de grupos universitarios que fixo que a experiencia completase o abano educativo que vai desde o ensino infantil a grupos das universidades galegas e portuguesas. Nas últimas edicións, a partir do 2007 e en colaboración con UVIGO-TV da Universidade de Vigo, realizáronse emisións de televisión por Internet coa produción dos centros educativos participantes.

Co gallo da vixésima edición do proxecto este ano premiarase por primeira vez o esforzo realizado por alumnos e docentes na preparación dos programas a través da creación dos premios Boas Ondas en 6 categorías, para o mellor programa radiofónico gravado, en directo, en colaboración cunha emisora profesional, en vídeo, sobre algunha expresión do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ou realizado fóra da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here