Ponte…nas Ondas! celebra a diversidade


Convida ás escolas a sumárense á celebración do Día Mundial da Radio que a UNESCO promove en todo mundo o 13 de febreiro e tamén á celebración do 25 aniversario de Ponte…nas ondas! o 27 de marzo.

A temática proposta pola UNESCO é a DIVERSIDADE en todas as súas manifestacións: diversidade cultural, diversidade de xénero, diversidade de idades, nacionalidades, etc.

Ponte…nas ondas!, experiencia de radio interescolar multimedia, propón ás escolas que expresen a súa diversidade empregando todas as posibilidades que oferece a radio en todos os seus xéneros xornalísticos ( entrevistas, reportaxes, opinións, etc. ), formatos ( audios, podcasts, vídeos, etc. ) e transmisións ( FM, radio online, redes sociais ).

POSÍBEIS ACTIVIDADES:

  • Realización dun programa de radio con voces e opinións de alumnado e profesorado de diversas orixes.
  • Realización de podcasts con alumnado e profesorado de diferentes países e procedencias.
  • Audios de alumnado de minorías e de línguas diferentes que estean na aulas.
  • Programa de radio para sectores sociais específicos.
  • Informativos que mostren a diversidade da sociedade.

PARTICIPACIÓN NO DÍA MUNDIAL DA RADIO

  • Asistir a unha emisora de radio o día 13 de febreiro e realizar un programa em direto. PNO! facilitará esta participación.
  • Realizar un programa na escola con convidados de diversas procedencias e orientacións.
  • Envio de audios, podcasts ou vídeos para seren emitidos no portal “Escolas nas ondas” o 13 de febreiro.

O portal “Escolas nas ondas” transmitirá o 13 de febreiro as producións realizadas polas escolas participantes.

A DIVERSIDADE NA RADIO !

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2020 – A DIVERSIDADE

A radio é un medio poderoso para celebrar a humanidade en toda a súa diversidade e constitúe unha plataforma para o discurso democrático. A nivel mundial, a radio segue sendo o medio máis consumido. Esta capacidade única de chegar á máis ampla audiencia significa que a radio pode dar forma á experiencia da diversidade dunha sociedade, ser un escenario para que todas as voces se expresen, sexan representadas e escoitadas. As emisoras de radio deben servir a comunidades diversas, ofrecendo unha ampla variedade de programas, puntos de vista e contidos, e reflectir a diversidade de audiencias nas súas organizacións e operacións.

Esta edición do Día Mundial da Radio está dividida en tres subtemas principais:

Abogar polo pluralismo na radio, incluíndo unha mestura de emisoras públicas, privadas e comunitarias;
Fomentar a representación nas redaccións, con equipos formados por diversos grupos da sociedade;
Promover unha diversidade de contido editorial e tipos de programas que reflictan a variedade das audiencias.

Mensaxes clave:

A radio pode integrar nos seus equipos editoriais a persoas de diversos grupos, incluíndo mulleres, xoves, minorías de diferentes orixes, LGBTQI, persoas con discapacidade e outros;

Para xestionar a diversidade, as emisoras de radio poden recompilar datos e desenvolver a igualdade de oportunidades para promover a diversidade e a inclusión na súa forza de traballo;

A radio pode representar de xeito xusto e igualitario a todos os homes, mulleres e nenos mediante a creación e difusión de programas dirixidos por e para sectores específicos da sociedade, á vez que reflicte a diversidade da poboación nos programas principais. As emisoras de radio tamén poden establecer obxectivos de diversidade nos programas e buscar regularmente reaccións da audiencia aos mesmos;

Os propietarios e os reguladores de medios, poden promover unha contorna favorable para que a diversidade da radio floreza a través de diferentes medidas: por exemplo, aumentar a concesión de licenzas de radio operada por unha variedade de grupos, tales como indíxenas/nativos/minorías – e/ou medir o progreso dos organismos de radiodifusión cara á diversidade;

As tecnoloxías de noticias aumentan a diversidade na radio. DAB/DAB , a transmisión en liña, a radio por satélite e a difusión de tecnoloxías de baixo custe ampliaron o acceso a métodos rendibles de transmisión e difusión de programas. Así mesmo, os podcasts abriron a porta a novas formas de producir e consumir contidos de audio, aumentando así o acceso á información e a variedade de programas dispoñibles.

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here