Ponte… nas Ondas! e o Concello de Ponteareas promoven a 3ª edición de “Ponte… a Portu-Gal”

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! e o Concello de Ponteareas celebran unha nova edición das xornadas PONTE…A PORTU-GAL os días 25, 26 e 27 de abril, que pretenden consolidar as relacións culturais entre Galiza e Portugal.

25 de abril nas ondas

As xornadas comezan o 25 de abril coa inauguración da Exposición “Terra que une“ na que dez fotógrafos e dez poetas galegos e portugueses presentan unha visión propia do territorio da Eurorrexión.

No mesmo dia, os institutos de Ponteareas, IES Val do Tea e IES do Barral van realizar unha emisión radiofónica con actuacións en directo de músicos como O Leo de Matamá e con entrevistas a Aline Frazão de Angola e a Daniel Pereira Cristo de Portugal e con aproximacións ao significado da data do 25 de abril. 4 horas de “radiovisual” desde o Auditorio Municipal que poden ser vistas a través do portal Web ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com), un espazo para os traballos audiovisuais das escolas galegas e portuguesas. Ponte…nas ondas! promove a realización de programas de radio en directo coa retransmisión de imaxe por Internet e co alumnado como protagonista.

De Ponteareas a Portugal: Alfredo Guisado

O xoves 26 de abril o escritor e profesor Carlos Pazos, da Universidade do Minho, dará unha conferencia sobre Alfredo Guisado ( 1891-1975 ), de pai de Ponteareas e nai de Mondariz e unha figura vinculada ao grupo de Orpheu de Fernando Pessoa. Alfredo Guisado escribiu en galego e en portugués e a súa figura está pouco recoñecida na cultura galega.

Carlos Pazos abordará as características das relacións galaico-portuguesas e o fenómeno migratorio galego en Lisboa, pois Alfredo Guisado mantivo un vencello importante co movemento asociativo da colonia galega en Lisboa e, por medio das estancias na terra dos seus pais, Ponteareas / Mondariz, cos movementos políticos e culturais coetáneos de Galiza.

Desde o Concello de Ponteareas produciuse unha emigración significativa a Portugal e hai familias que se estableceron en Lisboa e noutros lugares de Portugal manténdose aínda vínculos estreitos.

Un caso destacado foi o de Alfredo Guisado, nacido en Lisboa e fillo de emigrantes da zona de Ponteareas. Rexentaron o restaurante Irmãos Unidos no Rossío de Lisboa onde naceu a revista Orpheu e o movemento modernista en Portugal con Fernando Pessoa.

Música sen fronteiras

No sábado 27 de abril o protagonismo vai estar centrado na música. Desde as 11.00 hs. poderá realizarse un roteiro musical pola vila de Ponteareas co escritor Xurxo Souto quen mostrará os principais referentes da música ponteareana, a vila de compositores como Reveriano Soutullo ou Rogelio Groba, entre outros.

Pola noite, a partir das 21.00 hs. no Auditorio Municipal e con entrada libre, terá lugar un concerto que será presentado polo narrador oral, humorista, poeta e dramaturgo, Lois Pérez. Será o momento de Aline Frazão, artista angolana que ten unha gran relación con Galiza e Portugal. Cantora, compositora, letrista, instrumentista e produtora, deuse a coñecer no festival Internacional da Lusofonia “Cantos na Maré” e gravou o seu primeiro traballo discográfico, Clave bantú (2011), en Santiago de Compostela onde residiu durante un tempo antes de dar o seu salto internacional con Movimento (2013) e Insular (2015). O seu novo traballo, Dentro da chuva (2018), gravado no Rio de Janeiro, que a reafirma como un dos grandes novos valores da música lusófona.

A seguir subirá ao palco Daniel Pereira Cristo, desde Braga, cunha formación de grupo. Daniel Pereira Cristo é un cantautor e multi-instrumentista da nova world music feita a partir do noroeste portugués e peninsular. Un camiño de sonoridades frescas e liberadoras, que o ten levado a grandes palcos e festivais. Ten contado coa colaboración de Júlio Pereira co selo do Museu do Cavaquinho. O seu espectáculo caracterizase pola alegría da unión do canto e do cavaquinho, como protagonistas principais dun elenco de instrumentos contemporáneos e tradicionais, raíces musicais étnicas do noroeste portugués e peninsular.

O concerto vai contar coas participacións especiais da gaiteira Raquel Senlle (De Outra Margem) e a cantora galega Uxía.

PONTE…A PORTU-GAL

PROGRAMA
Quinta-feira 25 abril

10h. Abertura Exposição de poesia e fotografia. Terra que une. Uma proposta de Cultura que une na que dez fotógrafos e dez poetas galegos e portugueses apresentam uma visão do território da Eurorregião.
Sala Multiúsos

10h. Emissão de um programa de rádio através de internet realizado por alunos dos liceus O Barral e Val do Tea de Ponteareas em colaboração com Ponte…nas ondas ! Retransmissão por www.escolasnasondas.com
Auditório Municipal de Ponteareas.

11h. Concerto de O Leo de Matamá

Sexta-feira 26 abril

20h. “Emigração da comarca do Condado a Lisboa. A figura de Alfredo Guisado” . Conferência de Carlos Pazos.
Sala Multiúsos

Sábado 27 abril

11h. Roteiro musical “Medre o talento, medre Ponteareas” com Xurxo Souto. Um percurso musical pelas ruas de Ponteareas com os seus referentes musicais.
Saída desde o Concelho.

21h. Festival “PONTE A PORTU-GAL” com Daniel Pereira Cristo e Aline Frazão. Convidadas: Raquel Domínguez (De outra margem) e Uxia.
Apresenta: Lois Pérez
Auditório Municipal

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here