Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! participa en Lisboa na II Reunión de ONG Ibéricas acreditadas pola UNESCO


A Asociación está integrada neste foro de colectivos acreditados pola UNESCO en virtude da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial
Os colectivos debaterán proxectos e estratexias comúns

Representantes da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!, consultora acreditada pola UNESCO, con 25 anos de experiencia, están esta semana en Lisboa participando na II Reunión de ONG Ibéricas acreditadas pola UNESCO.

O evento transcorrerá en dous días. Durante a primeira xornada celebrarase un foro internacional de ONG no que se tratará a relación das asociacións coas entidades gubernamentais na área do patrimonio cultural inmaterial e as comisións estatais da UNESCO. Ademais, a Dirección Xeral de Patrimonio do Ministerio de Cultura portugués presentará o Inventario Nacional Matriz XXI. Por outro lado, coñeceranse detalles das candidaturas representativas do patrimonio inmaterial da “Dieta mediterránea” e das “Bandas Filarmónicas Civís”, por parte dos seus impulsores.

Durante a segunda xornada, o foro internacional de ONG debaterá sobre a identificación dos principais desafíos das asociacións con representantes da UNESCO. Tamén se reflexionará sobre cal e como debería ser a a estratexia común a desenvolver polas ONG ibéricas. E finalmente, estableceranse accións e propostas concretas a medio prazo.

Consenso en prol da coordinación para a salvagarda do patrimonio inmaterial

O traballo conxunto das asociacións comezou o pasado mes de maio, logo dunha primeira xuntanza organizada polo Ente do Asociacionismo Cultural Catalán, ONG anfitrioa do que foi o primeiro encontro dos colectivos. Nesa reunión inicial buscábase tecer redes de colaboración entre as diferentes entidades que traballan co patrimonio, intercambiando experiencias e coñecementos. A necesidade de coordinación de esforzos entre todos os colectivos acreditados pola UNESCO como entidades consultoras da institución, foi eixo dos diferentes debates e reflexións que tiveron lugar.

Ademais de Ponte…nas Ondas!, a única das entidades participantes que ten carácter transnacional e desenvolve o seu traballo en dous países, están involucradas neste foro entidades como o Centro em Rede de Investigaçao em Antropologia (CRIA), a Fundaçao INATEL e a Memória Imaterial Cooperativa Cultural, en Portugal. Do estado español participan ademais do mencionado ENS de l’Associacionisme Cultural Català, a Associació d’Estudis Fallers, o Centro de Estudios Borjanos “Fernando el Católico”, o Centro UNESCO de la Ciudad Autónoma de Melilla, o Centro UNESCO de San Sebastián, a Coordinadora de Colles Castelleres de Catalunya, a International Association of Paremiology e UNESCO Etxea: Centro UNESCO de Euskal Herria.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas