Unha ponte por 1 PATRIMONIO PARA PARA O FUTURO

Esta mañá Ponte…nas ondas!, en colaboración coa Eurocidade Salvaterra do Miño e Monção, celebrou o seu 20 aniversario coa participación dos centros educativos dos Concellos de Salvaterra e de Monção que fixeron parte dunha xornada de convivencia e de intercambio entre o alumnado das dúas beiras do Miño dentro das conmemoracións dos vinte anos do proxecto e da inauguración da ponte internacional João Verde-Amador Saavedra. A xornada comezou ás 10.30 hs. coa realización dunha cadea humana na ponte na que ao son da canción Máis perto (composta por Uxía e Segundo Grandío para Meniños Cantores) as mozas e mozos das dúas beiras uníronse e soltaron globos co lema “1 PATRIMONIO PARA O FUTURO“ co que lembraron a iniciativa das escolas de Galicia e do Norte de Portugal para a inscrición do patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa da UNESCO.

A xornada tiña como obxectivo fomentar a convivencia entre o alumnado dos dous concellos e ao mesmo tempo lembrar a demanda dos centros educativos de Galicia e do norte de Portugal para que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa inscrito na Lista Representativa da UNESCO, iniciativa que está de novo a ser impulsada desde Ponte…nas ondas! en colaboración con institucións galegas e portuguesas.

Sobre as 10.30 hs. unha cadea humana composta por alumnado de ambas beiras do Miño uniuse cantando o tema musical Máis perto, que xa é un himno de unión para os xoves desde a súa edición no disco Meniños Cantores publicado en 2005; e soltando a continuación globos co lema “1 patrimonio para o futuro “.

Posteriormente desprazáronse ao parque de A Canuda para realizar unha práctica de xogos tradicionais galego-portugueses, para o intercambio e a comunicación entre os xoves galegos e portugueses. Ao longo da mañá houbo sesións de Photocall con xoguetes e imaxes de apoio ao patrimonio común galego-portugués. E como remate, no auditorio ao aire libre do parque, a actuación de Teatro Ghazafellos.

A Câmara Municipal de Monção e o Concello de Salvaterra colaboran na organización da xornada.

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here