Monthly Archives: Decembro, 2022
Recoñemento á Asociación Ponte… nas Ondas! aprobado na Asamblea Xeral do AECT Rio Minho
Declaración completa publicada polo AECT.
Premio especial do xurado de aRi[t]mar
No evento, Ponte…nas ondas! recibiu o Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2022. A decisión do xurado, coñecida a pasada primavera na véspera do 25 de abril, quere ser “un premio para quen tende pontes entre a Galiza e Portugal”.
Ponte… nas ondas! recibirá o premio especial do xurado na 7ª edición da gala aRi[t]mar
Este luns 12 de decembro presentáronse os detalles da que será a sétima edición da gala aRi[t]mar de música e poesía galego-portuguesas.
Ponte…nas ondas! lamenta o pasamento do gaiteiro e artesán compostelán Bartolo
Bartolo era un portador do noso patrimonio cultural inmaterial, un mestre do saber, unha persoa que transmitiu o seu oficio ás novas xeracións.
Así foi o evento da aprobación na UNESCO
No vídeo recóllense as intervencións da delegación galego-portuguesa de Ponte...nas Ondas! no 17º Comité Intergubernamental da UNESCO, en Rabat, despois de que se confirmase a aprobación da inscrición do modelo PNO! no Rexistro de Boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
Aprobada a inscrición de PNO! no rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO
A UNESCO destaca que o proxecto de Ponte...nas Ondas! pode servir de modelo internacional aplicable noutras áreas xeográficas.