Recoñemento á Asociación Ponte… nas Ondas! aprobado na Asamblea Xeral do AECT Rio Minho

Declaración completa publicada polo AECT:

“A Asemblea Xeral do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Rio Minho (AECT Rio Minho) aproba, por unanimidade, un recoñecemento específico á asociación galego-portuguesa Ponte…nas Ondas! por teren pasado a formar parte do Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda do Património Cultural Inmaterial da UNESCO. O anuncio produciuse durante a celebración do 17º Comité Intergubernamental da Unesco, celebrado o pasado 1 de decembro en Rabat, Marrocos. Trátase do máximo recoñecemento posible aos seus 27 anos de traballo exemplar en prol da cultura inmaterial e supón un fito histórico ao ser unha candidatura transfronteiriza e, en calquera caso, a primeira vez que unha proposta de España ou Portugal recibe esta consideración”.

PNO! promove a creación dun centro de referencia do patrimonio inmaterial galego-portugués

Ao fío lembramos que, o pasado mes de setembro, e no marco do Proxecto Livhes, cofinanciado polo programa Interreg.Sudoe 2014-2020, a Câmara Municipal de Valença, o Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial do Rio Minho (AECT Rio Minho) e a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! asinaron un protocolo de colaboración para o desenvolvemento de accións de preservación do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI).

PNO! propuxo un espazo con funcións de repositorio cultural, destinado a patrimonio cultural inmaterial galego-portugués denominado o Centro do Patrimonio. – Centro PCI. O obxectivo é a creación dun espazo vivo, máis aló dun museo tradicional, con exposicións, proxeccións, palestras etc.

Segundo os compromisos asinados, a CM Valença cederá a PNO! un espazo a definir no Concello para a instalación do repositorio cultural do PCI transfronteirizo. A CM Valença comprométese tamén a contribuír á valorización deste repositorio cultural nos próximos anos. (http://pontenasondas.org/pno-promove-a-creacion-dun-centro-de-referencia-do-patrimonio-inmaterial-galego-portugues/)

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here