Ponte... nas Ondas!

Adianto de actividades do 25 Aniversario de Ponte…nas Ondas!

Adianto do 25 Aniversario de Ponte...nas Ondas!

PONTE…NAS ONDAS! cumpre 25 anos. Para celebralo queremos convidar aos centros educativos a participar nas actividades que imos desenvolver ao longo deste curso.

Especialmente na xornada de comunicación radiofónica que realizaremos o 27 de marzo de 2020, 25 anos despois da primeira ponte radiofónica tranfronteiriza.

Para que estas actividades sexan valoradas na programación dos diferentes departamentos, achegamos este adianto ao profesorado:

  • 3º certame de recolla “ AS IMAXES DO PATRIMONIO”. Convocatoria aberta a partir de novembro, o prazo para participar remata en xuño 2020.
  • DÍA MUNDIAL DA RADIO. 13 de febreiro. Realización de emisións e programacións de radio que se difundirán a través do portal ” www.escolasnasondas.com “.
  • PONTE…NAS ONDAS! ( 1995-2020 ). 27 de marzo. Xornada conmemorativa dos 25 anos, cun maratón radiofónico desde estudios de radio de Galiza e Norte de Portugal. Convidamos ás escolas a realizar un programa en directo con persoas e grupos de portadores do patrimonio inmaterial.
  • Certame de podcast: II Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”
  • XORNADA GALEGO-PORTUGUESA DE XOGOS TRADICIONAIS. Realizarase nun venres do mes de maio de 2020.
  • DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO. Propomos a realización de actividades co patrimonio inmaterial galego-portugués.
  • Tamén ofrecemos a posibilidade de realizar obradoiros de radio nos centros educativos.
  • Ofrecemos recursos interactivos para o alumnado para xogar co patrimonio inmaterial de diferentes niveis en: www.pontenasondas.org

E máis sorpresas das que vos daremos conta a través das diferentes canles:

REDES SOCIAIS

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Día Internacional do Patrimonio Inmaterial 2024
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas