Ponte... nas Ondas!

As Imaxes do Patrimonio, unha peneira desde Muros

Unha das imaxes, peneirada por Carlota Uhía Lado

*Información actualizada a febreiro de 2021.

Baixo a coordinación do Equipo de Dinamización Lingüística, o IES Plurilingüe Fontexería, en Muros, é un activo participante en cada edición do Certame de Imaxes do Patrimono de Ponte…nas Ondas! con gran implicación do profesorado, alumnado e familias.

Coas imaxes peneiradas, o centro elaborou un fermoso libro, que nos ofrece unha magnífica mostra do patrimonio cultural muradán “para que os mozos e mozas que agora constrúen o futuro non esquezan de onde vimos”.

Parabéns!

A profesora Chus Abraldes achéganos o libro, que ía ser presentado na XXXI Semana Cultural do centro que polas especiais circunstancias da primavera de 2020 pasou a celebrarse online:

O centro xa participara no certame tamén na edición 2019. Neste vídeo da 30 Semana Cultural podedes ver exemplos:

Tamén renovaron o seu calendario 2021 botando man de imaxes do traballo do alumnado, aquí temos exemplo.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas