Ponte... nas Ondas!

Unha vintena de centros de toda Galicia incorporan ás súas aulas o modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas! recoñecido pola Unesco

  • A convocatoria para incorporar esta experiencia ao sistema educativo público galego espertou o interese de case 40 centros
  • O obxectivo é contribuír, desde a escola, á salvagarda do patrimonio cultural inmaterial mediante espazos e accións para sensibilizar ás xeracións máis novas

Unha vintena de centros educativos de toda Galicia incorpóranse este curso, nunha primeira fase experimental, ao modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas!, recoñecido pola Unesco en 2022. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou a resolución de centros seleccionados nunha convocatoria que espertou o interese de case 40 centros de ensino.

O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público o modelo internacional Ponte… nas Ondas!, recoñecido polas Nacións Unidas como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na infancia.

Os centros que se incorporan este curso á Rede de centros Ponte… nas Ondas! son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia Concello Centro
Coruña, A Ferrol IES de Catabois
Coruña, A Muros IES Plurilingüe Fontexería
Ourense Coles CPI Plurilingüe Antonio Faílde
Ourense Pereiro de Aguiar, O CEIP Plurilingüe Ben- Cho-Shey
Ourense San Cristovo de Cea CPI Virxe da Saleta
Pontevedra Estrada, A IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Pontevedra Gondomar IES Plurilingüe Terra de Turonio
Pontevedra Mos CEIP de Petelos
Pontevedra Ponte Caldelas IES de Ponte Caldelas
Pontevedra Ponteareas IES do Barral
Pontevedra Pontevedra IES Luís Seoane
Pontevedra Pontevedra IES Sánchez Cantón
Pontevedra Salceda de Caselas CEP Altamira
Pontevedra Salceda de Caselas IES Pedras Rubias
Pontevedra Salvaterra de Miño CEP Carlos Casares
Pontevedra Salvaterra de Miño IES de Salvaterra de Miño
Pontevedra Tui IES Indalecio Pérez Tizón
Pontevedra Vigo CEIP Plurilingüe Seis do Nadal
Pontevedra Vigo EEI Vila Laura
Pontevedra Vigo IES Politécnico de Vigo

 

Escola, radio, patrimonio e lazos coa lusofonía

O modelo Ponte… nas ondas! naceu da man da Asociación Cultural e Pedagóxica que leva o seu mesmo nome no ano 1995 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como fórmula para favorecer o estreitamento dos lazos entre a comunidade educativa das escolas do sur de Pontevedra e do Alto Minho co ámbito da lusofonía e para tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses. A este obxectivo, en 2002 incorporouse o compromiso para a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial común para Galicia e Portugal. En 2022, o XVII Comité Intergubernamental da UNESCO aprobou a súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO como un modelo de referencia.

Coa incorporación paulatina deste modelo ao sistema educativo público galego, a través do cal búscase reforzar a implicación dos nenos e mozos nas súas propias tradicións e crear conciencia sobre a importancia do patrimonio cultural inmaterial, a valorización do propio e garantir a transmisión ás novas xeracións ao tempo que seguir traballando en afianzar os lazos coa lusofonía e o vínculo con Portugal. Os centros educativos participantes contarán cunha serie de recursos e serán recoñecidos como centros Ponte… nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI).

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41979

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas