Ponte... nas Ondas!

A Deputación da Coruña e PNO! presentan o Cancioneiro galego portugués, reflexo do “tesouro patrimonial compartido entre Galicia e Portugal”

• No Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, a área de lingua da entidade provincial presenta esta publicación en colaboración coa Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, entidade consultora da UNESCO para o PCI, baixo a autoría de dous estudosos e investigadores da literatura oral galego-portuguesa, os profesores Domingo Blanco de Galiza e Carlos Nogueira de Portugal.
• A publicación coincide co ano no que as Letras Galegas se lle dedican á literatura oral e tamén co 30 aniversario de PNO!
• A iniciativa quere ser tamén ferramenta para a transmisión desta cultura común ás novas xeracións.

«Este traballo reflexa o tesouro do patrimonio cultural inmaterial compartido entre ambos países, a literatura de tradición oral, un patrimonio vivo que foi preservado e transmitido polas persoas portadoras e que neste ano 2025 a Real Academia Galega homenaxeou no día das letras galegas» sinalou a deputada de lingua da Deputación da Coruña, Sol Agra, na presentación este venres 17 de novembro do «Cancioneiro Galego Portugués», proxecto promovido en colaboración coa Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, entidade consultora da UNESCO para o PCI

A difusión pública deste traballo chega co gallo do Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), e vén asinada por dous estudosos e investigadores da literatura oral galego-portuguesa, os profesores Domingo Blanco, de Galiza, e Carlos Nogueira, de Portugal. A deputada de lingua, Sol Agra, foi a encargada de presentar a publicación, acompañada do presidente de Ponte… nas Ondas!, Santi Veloso, e do autor Domingo Blanco.

Letras galegas que cruzan fronteiras

Na súa intervención, o presidente da asociación PNO!, Santiago Veloso, destacou a “feliz celebración” da saída do prelo desta publicación no ano no que a propia asociación celebra o seu 30 aniversario e tamén no ano no que celebramos a literatura oral que chegou a nós a través das cantareiras e das persoas portadoras. “Un ano no que as letras galegas son internacionais, porque chegan máis aló das fronteiras e atravesan continentes: o patrimonio oral galego-portugués está presente en todo o ámbito da lusofonía”, subliñou Veloso.

«Este patrimonio común que sobrevivíu por riba das fronteiras reflíctese neste cancioneiro tradicional que se mantén vivo nos territorios da lusofonía e nós, como sociedade, temos a responsabilidade de coidalo e transmitirllo ás novas xeracións. Ponte…nas ondas! reivindica a existencia dun patrimonio común galego-portugués e este cancioneiro é unha achega imprescindible para o seu coñecemento e a súa difusión».

O representante da asociación agradeceu o compromiso da Deputación da Coruña con esta publicación e destacou o traballo de Domingo Blanco e Carlos Nogueira, recoñecidos especialistas no eido da literatura oral. Salientou ademais a “fermosa interpretación gráfica” do ilustrador e deseñador Andrés Meixide, que acompaña os textos.

Cultura viva ao longo dos séculos

O obxectivo do cancioneiro é dar a coñecer este corpus literario que se mantivo vivo ao longo do tempo en Galicia e tamén en Portugal. «Este traballo reflexa o tesouro do patrimonio cultural inmaterial compartido entre ambos países, a literatura de tradición oral, un patrimonio vivo que foi preservado e transmitido polas persoas portadoras e que neste ano 2025 a Real Academia Galega homenaxeou no día das letras galegas» sinalou a deputada. Sol Agra.

No evento de presentación participou tamén Domingo Blanco, quen agradeceu á Deputación da Coruña a acollida a esta iniciativa, “valente e moi acertada e que denota unha sensibilidade institucional pouco común.

O investigador destacou que Galicia e o norte de Portugal temos moito máis que nos une que do que nos separa e repasou os catro grandes bloques do libro: a situación de todo o material no contexto da cultura inmaterial común de Galicia e Portugal, o afondamento nas afinidades e semellanzas entre os dous cancioneiros, o de norte de Portugal e o de Galicia, a clasificación e caracterización desta literatura tanto na banda portuguesa como na galega e, por último, as aplicacións didácticas deste material, “porque este libro quere ser tamén instrumento e recurso de primeira orde para os docentes que queren aprender e dar a coñecer á xente nova esta cultura común artificialmente separada: os galegos e portugueses de hoxe somos debedores desta cultura común”.

A publicación inclúe estudos comparativos por parte de ambos autores onde se contrastan aspectos como a métrica, a rima e as variantes que viaxaron dun lado ao outro da fronteira. «O cancioneiro galego portugués» constitúe un valioso recurso pedagóxico que procura a divulgación e transmisión deste patrimonio ás novas xeracións e conta cunha proposta didáctica para o traballo nas aulas e un apartado web con diversos materiais audiovisuais e musicais.

Podes descargar o libro e consultar material relacionado nesta ligazón: https://pontenasondas.org/cancioneiro/

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Foliada Agora Cantamos Nós!
Baner Modelo PNO!

Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas