Ponte... nas Ondas!

Máis de 50 traballos, de centros escolares de primaria e secundaria das catro provincias galegas e do Norte de Portugal, optan aos IV Premios Internacionais de Podcasts Xosé Mosquera, «O Vello dos Contos»

Os organizadores deste primeiro certame de podcast escolar en galego, destacan o papel dinamizador dos obradoiros de podcast realizados con carácter experimental durante este curso en varios centros educativos das catro provincias galegas e a itinerancia da exposición ao longo de todo o curso por escolas e institutos de Galicia e Norte de Portugal, como ferramentas que axudaron dinamizar e a consolidar este certame.

«Superamos as mellores expectativas, tanto en calidade como en cantidade, nesta cuarta edición do certame, cuns premios que naceron co obxectivo de promover o galego e a innovación educativa, lembrando e reivindicando a unha figura esencial da nosa cultura, que foi a primeira estrela mediática de Galicia, Xosé Mosquera Pérez, co persoeiro do Vello dos Contos, que se fixo famoso en 1933, a través dos micros de Unión Radio Galicia», aseguran dende o xurado.

Os Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera, organizados polo IES Rosalía de Castro de Santiago e Arraianos, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración de Ponte… nas Ondas!, o Parlamento de Galicia, a Fundación Rosalía de Castro, o Museo do Pobo Galego, a Real Academia Galega e Radio Galicia,

O pasado 14 de maio, día do 35 cabodano de Florencio Delgado Gurriarán, pechouse a recepción de traballos, coa sorpresa da extraordinaria acollida que este certame está tendo nos centros educativos de Galicia e Norte de Portugal, superando todas as expectativas da organización, que destaca especialmente «o enorme potencial do podcast como ferramenta de dinamización do galego e fomento da innovación educativa, así coma a implicación da comunidade educativa neste proxecto».

Como novidade durante este curso desenvolvéronse obradoiros de podcast en varios centros educativos das catro provincias galegas, que foron moi ben acollidos por alumnado e profesorado, e tamén se fixo a intinerancia dunha expo fotográfica sobre Xosé Mosquera Perez e o Vello dos Contos, tanto en Galicia coma no Norte de Portugal. Dende a organización destacan estas duas accións como «esenciais pola súa contribución para dinamizar o certame escolar de podcast e para promover o coñecemento da que foi a primeira estrela mediática do noso país, o Vello dos Contos, cuxo legado e memoria foi custodiado pola súa filla, Loliña Mosquera, que coma todos os anos vai participar tamén na entrega de premios».

Para máis info:

www.ovellodoscontos.gal

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas