Ponte... nas Ondas!

Máis de 50 traballos, de centros escolares de primaria e secundaria das catro provincias galegas e do Norte de Portugal, optan aos IV Premios Internacionais de Podcasts Xosé Mosquera, “O Vello dos Contos”

Os organizadores deste primeiro certame de podcast escolar en galego, destacan o papel dinamizador dos obradoiros de podcast realizados con carácter experimental durante este curso en varios centros educativos das catro provincias galegas e a itinerancia da exposición ao longo de todo o curso por escolas e institutos de Galicia e Norte de Portugal, como ferramentas que axudaron dinamizar e a consolidar este certame.

“Superamos as mellores expectativas, tanto en calidade como en cantidade, nesta cuarta edición do certame, cuns premios que naceron co obxectivo de promover o galego e a innovación educativa, lembrando e reivindicando a unha figura esencial da nosa cultura, que foi a primeira estrela mediática de Galicia, Xosé Mosquera Pérez, co persoeiro do Vello dos Contos, que se fixo famoso en 1933, a través dos micros de Unión Radio Galicia”, aseguran dende o xurado.

Os Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera, organizados polo IES Rosalía de Castro de Santiago e Arraianos, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración de Ponte… nas Ondas!, o Parlamento de Galicia, a Fundación Rosalía de Castro, o Museo do Pobo Galego, a Real Academia Galega e Radio Galicia,

O pasado 14 de maio, día do 35 cabodano de Florencio Delgado Gurriarán, pechouse a recepción de traballos, coa sorpresa da extraordinaria acollida que este certame está tendo nos centros educativos de Galicia e Norte de Portugal, superando todas as expectativas da organización, que destaca especialmente “o enorme potencial do podcast como ferramenta de dinamización do galego e fomento da innovación educativa, así coma a implicación da comunidade educativa neste proxecto”.

Como novidade durante este curso desenvolvéronse obradoiros de podcast en varios centros educativos das catro provincias galegas, que foron moi ben acollidos por alumnado e profesorado, e tamén se fixo a intinerancia dunha expo fotográfica sobre Xosé Mosquera Perez e o Vello dos Contos, tanto en Galicia coma no Norte de Portugal. Dende a organización destacan estas duas accións como “esenciais pola súa contribución para dinamizar o certame escolar de podcast e para promover o coñecemento da que foi a primeira estrela mediática do noso país, o Vello dos Contos, cuxo legado e memoria foi custodiado pola súa filla, Loliña Mosquera, que coma todos os anos vai participar tamén na entrega de premios”.

Para máis info:

www.ovellodoscontos.gal

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Día Internacional do Patrimonio Inmaterial 2024
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas