Ponte... nas Ondas!

PNO! participa no Congreso Internacional FRONTESPO da Universidade de Alcalá de Henares

O Congreso decorre durante os días 20, 21 e 22 de xuño na cidade de Alcalá de Henares e conta cunha ampla mostra de comunicacións, conferencias e mesas redondas.

O Congreso Internacional FRONTESPO está organizado pola Universidade de Alcalá de Henares a partir do proxecto de documentación lingüística e bibliográfica da franxa fronteiriza entre España e Portugal que dirixe o investigador e profesor galego Xosé Afonso Álvarez Pérez, profesor titular de Filoloxía Románica da Universidade de Alcalá e anteriormente profesor nas universidades de Lisboa e Santiago de Compostela.

O congreso homenaxea á lingüísta bracarense Manela Barros Ferreira, responsábel da Convenção ortográfica da Língua Mirandesa.

A fronteira como encontro

A fronteira hispano-portuguesa, unha das máis antigas e estables da historia, é un espazo de encontro e confluencia de variedades lingúísticas de diversa orixe e de variados contextos que sobrepasan as raias políticas. A fronteira tamén foi territorio de grande mobilidade interpersoal, dinámica e en continúa evolución. Isto fai que sexa un lugar privilexiado para a investigación lingüística etnográfica.

A zona fronteiriza sofre un proceso evolutivo constante que está acelerando a identidade cultura e lingüística: perda do modo de vida tradicional, despoboamento das terras, emigración a núcleos urbanos, supresión de controis e libre circulación de mercadorías e traballadores,etc.

É urxente recoller información sobre este territorio fronteirizo para documentar a situación e estudar o proceso de cambio, así como para poñer en valor o seu inmenso patrimonio cultural, col fin último de contribuir á súa revitalización.

O exemplo de Ponte…nas ondas!

Ponte…nas ondas! participou este luns día 20, ás 12:30 hs. coa intervención do seu coordinador, o profesor de Lingua e literatura galega Santiago Veloso. Na mesa redonda sobre a dinamización cultural da fronteira mostráronse as boas prácticas co patrimonio inmaterial ao longo dos 27 anos de traballo conxunto aos dous lados da fronteira.

Precisamente, un dos últimos traballos de Ponte…nas ondas!, Meniños Cantores 2 presenta unha recolla de léxico realizado por 17 centros educativos ao longo da fronteira galego-portuguesa.

Unha tese de doutoramento

A investigadora Raquel Rey Vila leva varios anos seguindo a traxectoria da experiencia de comunicación e prepara unha tese de doutoramento sobre Ponte…nas ondas! que vai ser defendida proximamente na Universidade de Vigo. Recentemente foi presentada unha comunicación nun congreso internacional sobre patrimonio inmaterial celebrado na Universidade de Barcelona.

As boas prácticas co PCI

A presentación de Ponte…nas ondas! en Frontespo vai facer un percorrido pola traxectoria de Ponte…nas ondas! ao longo dos seus 27 anos de experiencia e o traballo realizado a prol do PCI galego-portugués chegando a constituír un modelo de salvaguarda do patrimonio tanto en Galicia como en Portugal. Esta experiencia foi a que levou aos gobernos de Portugal e España a presentar a Ponte…nas ondas! ao rexistro das boas prácticas co PCI da UNESCO en 2021, inscrición que deberá producirse no mes de decembro deste ano 2022.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas