Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! lanza unha campaña para promover os xogos tradicionais nos centros educativos

Poñer aos nenos e nenas a xogar, ese é o obxectivo da campaña que Ponte…nas ondas! promove neste mes de maio nas escolas e institutos de Galicia e Portugal baixo o lema : EN MAIO PONTE…A XOGAR !

A campaña pretende converter durante o mes de maio os espazos recreativos dos centros escolares galegos e portugueses, en grandes espazos lúdicos nos cales, durante os tempos de lecer, se practiquen os xogos populares como forma de transmitilos e de compartilos. Ponte…nas ondas! suxire un conxunto de xogos, coas instrucións para o profesorado e para o alumnado coa finalidade de ofertar unha variedade de propostas para que libremente sexan escollidos.

As escolas poden decidir os días da semana para dedicar á actividade e no final mes poden enviar fotos, vídeos ou podcasts para publicar no portal “ESCOLAS NAS ONDAS” (www.escolasnasondas.com).

Todos os xogos teñen un carácter inclusivo e participativo. A proposta comprende xogos estáticos e outros mais dinámicos co obxectivo de se poderen adaptar a todas as situacións, tanto de carácter persoal como climatolóxico. Naturalmente cada escola poderá complementar a gama dos xogos a practicar com aqueles que considere oportuno, aínda que non fagan parte da proposta.
Tamén cantando!

A partir da composición vídeoclip “A ponte”, cantado por ilustres músicos de Galicia, Portugal, Brasil e Mozambique proponse aos centros unha actividade para divulgala entre o alumnado.

Anímase ao alumnado a que a fagan súa e a reinterpreten cantada por eles mesmos. Poderán cantar só o retrouso, a canción enteira ou algunhas partes, á súa libre elección, para gravala despois en formato audio ou vídeo podendo combinar as voces dos nenos e nenas coas dos artistas.

Inclúense no enlace http://pontenasondas.org/ponte-a-xogar/: o vídeo enteiro, o audio , a música só para gravar por riba, as voces…

Todos os traballos recibidos deben ser enviados para o enderezo: web@escolasnasondas.com

• info: http://pontenasondas.org/ponte-a-xogar/

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas