Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas ondas! presentada como referente internacional en Finlandia no traballo coa infancia e o patrimonio vivo

● A experiencia galego-portuguesa, inscrita pola UNESCO no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda, foi presentada nun seminario web internacional organizado con motivo do Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial.

O modelo de boas prácticas de Ponte… nas Ondas!, ilustrado con exemplos como a xornada radiovisual interescolar, o radiovisual do patrimonio ou o Certame “As imaxes do patrimonio”, foi obxecto de especial interese esta semana en Finlandia, con motivo do seminario web internacional organizado pola Axencia Finlandesa do Patrimonio, en colaboración coa Asociación Finlandesa de Centros Culturais Infantís, o Foro Cidadán e a Asociación para a Educación do Patrimonio Cultural en Finlandia.

O mencionado foro convidou a PNO! a participar neste encontro internacional con motivo dos actos organizados arredor do recente Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, que vén de celebrarse este pasado 17 de outubro. A docente Laura García participou en representación de PNO! no evento, que baixo o título “Children and Living Heritage: Inspiration and Good Practices”, tivo lugar este martes 20 de outubro entre as 13 e as 15:30 horas. Reuníronse experiencias de Finlandia, Suecia, Lituania, Bélxica e España e Portugal, e tivo como finalidade compartir proxectos, métodos e ferramentas que favorecen a participación activa da infancia e da mocidade na salvagarda e transmisión do patrimonio cultural vivo.

PNO! como experiencia inspiradora

As entidades organizadoras finlandesas coñeceron o modelo de Ponte…nas ondas! a través da UNESCO e mostraron especial interese por unha experiencia que, desde hai tres décadas, sitúa os nenos e nenas e a mocidade como participantes activos na documentación, práctica, reinterpretación e transmisión do patrimonio cultural inmaterial.

Para as organizacións finlandesas, o modelo de Ponte…nas ondas! constitúe unha experiencia especialmente inspiradora pola súa capacidade para articular a colaboración entre centros educativos, comunidades, persoas portadoras do patrimonio, medios de comunicación e novas tecnoloxías. Esta dimensión participativa e educativa é precisamente un dos aspectos que se queren dar a coñecer no seminario.

A participación de Ponte…nas ondas! permitiu presentar os métodos e ferramentas desenvolvidos ao longo da súa traxectoria, así como a experiencia de cooperación entre a escola e a sociedade e o papel que desempeñan os propios nenos, nenas e mozos nos procesos de salvagarda do patrimonio vivo.

Un encontro europeo centrado na infancia e na mocidade

Baixo o título «Patrimonio vivo, nenos e mozos: vías de cooperación», o seminario tratou especialmente tres cuestións:

•O papel dos nenos e nenas na protección, transmisión e recreación do patrimonio vivo.
•O papel das asociacións e organizacións culturais e educativas no apoio á participación da infancia e da mocidade.
•Métodos, ferramentas e experiencias inspiradoras que poidan ser adaptados e aplicados en diferentes contextos europeos.

O seminario partiu da idea de que os nenos e nenas non son só receptores do patrimonio, senón tamén axentes activos na súa continuidade. A través do contacto coas xeracións maiores, da aprendizaxe e da participación directa, poden coñecer as tradicións, darlles novos significados e contribuír á súa transmisión e recreación.

Neste proceso, as organizacións educativas e culturais desempeñan un papel fundamental ao crear espazos de aprendizaxe, participación e colaboración entre a infancia, a mocidade, as comunidades e as persoas portadoras do patrimonio.

Entre as experiencias presentadas figuraron tamén iniciativas inscritas no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda da UNESCO, como Terra de Lendas (Land of Legends), de Suecia.

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

Baner Modelo PNO!
Xornada Multimedia 2026
Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas