Ponte... nas Ondas!

PNO! convidada a expoñer a súa experiencia no foro Hispania Nostra de patrimonio transfronteirizo

O 42º Foro Hispania Nostra ten lugar entre o 23 e o 26 de marzo de 2023 no Hospital CentroVivo, en Badajoz. No marco dos debates, conferencias e intercambio de experiencias está prevista a intervención de PNO!.

Na segunda mesa redonda do venres 24, baixo o título “Educación Patrimonial”, deseñado co fin de debater sobre a difusión, fomento e protección do patrimonio propio e transfronteirizo, está prevista a intervención de Santiago Veloso, en representación da Asociación Cultura e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! Na mesma mesa, e moderados por Carmen Corchero Ovejero, docente da Consejería estremeña e Coordinadora da Área Social de Amigos de Badajoz, estarán tamén Carlos Beirao, profesor e presidente da Associação Juvenil Arkus, e Manuel López García, vocal de educación patrimonial da Asociación Amigos de Badajoz.

Aquí o programa completo.

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas